Convocatoria do I Premio de Novela da Galicia Rural

Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda da súa identidade, tradicións e cultura. Así mesmo, considérase preciso […]

Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Este 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Dende o ano 1964 conmemórase esta data, coincidente co asasinato de Mahatma Gandhi, principal figura da resistencia pacífica no mundo. Cada vez estamos a vivir nun mundo máis complexo, no que as rapazas e rapaces teñen acceso a todo tipo de […]

Hoxe, Rafael Dieste

Hoxe, 29 de xaneiro, hai 121 anos nacía Rafael Dieste Gonçalves, escritor republicano galego do exilio. É autor de obras de narrativa, teatro e ensaio e pertence á chamada xeración das vangardas, que deu un novo impulso ás artes galegas. Os seus contos, recollidos boa parte deles en Dos arquivos do trasno, e as súas […]

III Premio Roberto Vidal Bolaño 2020

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]

Para non esquecer o Holocausto

Hoxe celebrase o Día do Recordo ao Holocausto, data na que se cumpren 75 anos da liberación de Auschwitz. Unha xornada que lembra a todas as persoas que foron asasinadas nos campos de concentración nazis. O día 27 de xaneiro de 1945 as tropas soviéticas liberaron o campo de Auschwitz-Birkenau, no que descubriron a 7.000 prisoneirxs en condicións […]

Día Internacional da Educación

Hoxe, 24 de xaneiro, é o Día Internacional da Educación. É importante celebrar este día que nos recorda o dereito humano á educación. Unha axuda fundamental para crear sociedades mellores e persoas máis felices. Trátase dunha responsabilidade colectiva de todas e todos, é a base dunha sociedade preparada, xusta e igualitaria. Propicia o pensamento crítico […]

“A xente da Barreira”, de Ricardo Carballo Calero

A Editorial Galaxia volve publicar un título de Ricardo Carballo Calero, sen dúbida, unha figura senlleira e a quen este ano, ademais, a RAG dedica o Día das Letras Galegas. A xente da Barreira é un dos primeiros títulos dos moitos que este ano a Editorial Galaxia recuperará deste autor. A xente da Barreira pode […]

Premio Viadutos de Novela 2020

BASES PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2020 PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos, na data de entrada en vigor da convocatoria, que presente a súa obra en lingua galega conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non puideron ser sido publicados ou divulgados, en todo ou en […]