“Unha historia da música en Galicia”, recomendado en Rockdelux

Velaquí deixamos a lista de mellores libros pop 2019 da prestixiosa revista Rockdelux. É a primeira vez que un libro en galego entra nesta listaxe. Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 sitúase no posto 20. Unha obra que nos está a dar moitas alegrías e que condensa nas súas páxinas a totalidade do panorama […]

Neste 2020 a Editorial Galaxia cumpre 70 anos

Co gallo do seu 70 aniversario A EDITORIAL GALAXIA PRESENTA UN NOVO LOGOTIPO PARA O ANO 2020 Este ano 2020 a Editorial Galaxia cumpre 70 anos. Fundada en 1950 leva sete décadas de servizo ao país. Co gallo deste aniversario, todas as publicacións que vexan a luz durante 2020 farano cun novo logomarca que, lembrando […]

Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019

A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 27 de decembro de 2019, ás […]

“Extraordinario”, primeira novela en galego recomendada polo Pen de Estados Unidos

Extraordinario, de Antón Lopo, converteuse na primeira novela en galego que entra no selecto grupo de obras recomendadas polo Pen de Estados Unidos, unha das organizacións máis prestixiosas do país. O recoñecemento chega a través da tradución que realizou Jacob Rogers e que lle valeu a célebre bolsa anual do Pen e da Fundación Heim. […]

Feliz 2020

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos un ano cheo de ledicia, ilusión e sobre todo, lectura da boa!

O Pleno da Real Academia Galega nomea a María Rosa Lojo membro de honra

O Pleno da Real Academia Galega nomeou a María Rosa Lojo (Buenos Aires, 1954) membro de honra. Filla de pai galego e nai castelá, é autora dunha ampla produción como experta en literatura e dunha destacada obra creativa que a converteu nunha das escritoras arxentinas máis internacionais. En ambos os campos a súa é unha […]

Presentación de “Luzbell” en Betanzos

O día 21 de decembro, ás 19 h, celebrarase, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de Luzbell, de Diego Rosales e Xosé Tomás. No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución […]