Este 2021 celébrase o bicentenario de Gustave Flaubert

O escritor Gustave Flaubert naceu o 12 de decembro de 1821, en Ruán, Normandía, e morreu o 8 de maio de 1880, en Croisset, nunha casa de campo nas cercanías de Ruán. Este 2021, celébrase o bicentenario do seu nacemento, unha chegada que cambiou o mundo da escrita. Mestre do xénero realista, a súa obra […]

Poesía, refuxio infinito

Se algo demostrou este 2020 é que as letras e a imaxinación son o mellor acubillo. O mundo poético trasládanos, a través da palabra, aos sentimentos e emocións máis profundos. Son moitas as autoras e autores que co seu talento fan que conectemos con eles e con nós mesmos. Dende a Editorial Galaxia recomendamos algúns poemarios […]

Rexina Vega é distinguida como Cunqueiriana de Honra de 2021

A estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, que acaba de publicar recentemente na Editorial Galaxia O estado intermedio, atesoura numerosas publicacións desde fai 30 anos coas que deu a coñecer a vida e obra do autor mindoniense. A escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Vega, foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o […]

Castelao, unha figura esencial da cultura galega

O día 30 de xaneiro, hai 135 anos, nacía en Rianxo Alfonso R. Castelao. Considerado o pai do nacionalismo galego, foi un intelectual comprometido coa terra e coa cultura. A súa personalidade, totalmente versátil, reunía as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do […]

Convócase o IV Premio Roberto Vidal Bolaño 2021

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]

O ano que mudou as nosas vidas

Pasou un ano dende que empezaron a chegar noticias dunha cidade chinesa, de nome Wuham, onde se comezaba a falar dunha estraña infección vírica. Os cidadáns do continente asiático alertaban o mundo dos perigos desta anomalía que terminou por desembocar nunha pandemia global que hoxe se coñece como COVID-19. Estendeuse por todo o planeta e fixo […]

Presentamos unha nova edición da Escola de Letras

Hoxe presentamos a segunda edición da Escola de Letras que auspiciamos a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. No acto participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego e o Director Xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro. Ademais de valorar o éxito da edición de 2020, anunciouse a incorporación ao Claustro de Profesoras e Profesores […]

Arantza Portabales publica unha nova novela en primavera

Esta primavera publicaremos o novo libro de Arantza Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas. Abad e Barroso, a parella de policías que coñecimos en Beleza vermella volven nesta nova entrega para gozo dos milleiros de lectores que Portabales xa atesoura no seu haber. Trázase sobre a mesa un novo enigma que ocupará a mente do clan policial. […]