Masterclass da Escola de Letras con Anna R. Figueiredo

O día 20 de xaneiro, ás 19 h, celebraremos unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, coa escritora e docente Anna R. Figueiredo, que leva por título: Escribir a primeira novela. Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar. Poderedes acceder […]
Presentación de “Alba de groria”, en Vigo

O día 19 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, no MARCO de Vigo, a presentación do libro Alba de groria, de Castelao, ilustrado por Ana Santiso. Acompañando a ilustradora, asistirá o filólogo, escritor e etnógrafo Calros Solla e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar a súa asistencia […]
A Editorial Galaxia presenta o acceso aos 156 primeiros números da revista Grial

Están dispoñibles os 156 primeiros números, en formato PDF, da revista. Unha oportunidade para que, quen teña interese, poida acceder a contidos culturais de alto valor. Na revista, dirixida desde o seu nacemento por personalidades da altura de Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego; Carlos Casares e Víctor F. Freixanes con Henrique Monteagudo, onde colaboraron […]
“Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía”, un libro de Yago Rodríguez Yáñez

Xa está dispoñible en todas as librerías a fotobiografía de Fiz Vergara Vilariño, editada por Yago Rodríguez Yáñez. Unha obra que mestura vida, literatura e a cronobiografía do autor de Lóuzara Xabreira. Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega ás circunstancias biográficas e literarias que […]
Coloquio: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”, en Vigo

O día 13 de xaneiro, ás 20:00 h, celebrarase, no Salón de actos do MARCO, unha charla-coloquio, organizada polo Club Faro de Vigo, cos escritores Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Arantza Portabales, moderados por Tamara Novoa, directora e editora de A Movida de Vigo: “Estamos diante da idade de ouro da novela […]
Convócase o I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a primeira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: PRIMEIRA Poderán optar ao I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio […]
60 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, cumpriu 60 anos desde a súa publicación en Bos Aires e consolidouse como un clásico universal, ademais dun dos libros máis lidos e traducidos da historia literaria galega. Para celebrar o aniversario, a Cidade da Cultura acolleu onte un acto conmemorativo sobre a figura do […]
Hoxe cúmprense 60 anos da publicación de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

“Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre” Así é como comeza Memorias dun neno labrego, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea, autoría de Xosé Neira Vilas. Hoxe, cúmprense 60 anos da súa publicación. O autor plasmou neste libro o sentir de Balbino, un rapaz de aldea que emprega o […]