A Editorial Galaxia publicará en marzo un libro inédito de Xela Arias

Non te amola! é o título que ilustra Luz Beloso e que se mantiña inédito ata hoxe No vindeiro mes de marzo, a Editorial Galaxia publicará o libro inédito de Xela Arias, Non te amola! ilustrado por Luz Beloso dentro da súa colección Libros para Compartir. A publicación supón achegar ás lectoras e lectores de […]

Convócase o XXXIII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

Presentación de “Libres e vivas”, a través de Google Meet

O día 17 de febreiro, ás 19 h, celebrarase, a través de Google Meet, a presentación do libro colectivo Libres e vivas. Participarán no acto as autoras Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Esther F. Carrodeguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira; acompañadas por Francisco Castro, director xeral de Editorial […]

Presentación do libro “A cámara escura”, no Porriño

Hoxe presentamos, nunha rolda de prensa, no Porriño o libro gañador da terceira edición do premio de teatro Roberto Vidal Bolaño 2020 e que recibiu José Luis Baños de Cos pola súa obra A cámara escura. Acompañando o gañador, asistiron Lourdes Moure, concelleira de Educación, Juana Gómez, directora do IES Ribeira de Louro, a dramaturga Raquel […]

A Editorial Galaxia reparte libros entre as nenas e nenos hospitalizados

Nunha actividade organizada por LATE CORAZÓN!, Asociación Galega de Cardiopatías Conxénitas e Cardiopatías Familiares. Este domingo celébrase o Día Mundial das Patoloxías Conxénitas. Co gallo da celebración, desenvólvense en todo o mundo un mollo de actividades, que inclúen xornadas profesionais, lúdicas e artísticas, arredor das cardiopatías conxénitas e familiares. Co gallo desta celebración, organizáronse unha […]

Charla-Coloquio coa poeta Alba Cid: “POR QUE POESÍA?”, no Club Faro de Vigo

O día 12 de febreiro, ás 20 h, celebrarase un encontro, organizado polo Club Faro de Vigo, coa poeta Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Xoven ‘Miguel Hernández’ con Atlas, que leva por título: POR QUE POESÍA? CONVERSA E VIAXES CON ALBA CID. A charla poderase seguir vía ‘ streaming’ e sen necesidade de rexistro previo […]

A Editorial Galaxia publica “Libres e vivas”

Dez escritoras galegas unidas nun berro de Igualdade. Estes días chegará ás librarías de todo o país un libro asinado por dez autoras de primeiro nivel das nosas letras ás que a Editorial Galaxia chamou para reflexionar, dende a Literatura, arredor de cuestións relacionadas coa Igualdade, o terrorismo machista, a violencia patriarcal e o dereito, […]

A revista Grial en aberto

A Editorial Galaxia abriu o acceso aos 156 primeiros números, en formato PDF, da revista Grial. Esta é unha fantástica posibilidade para todas as persoas que teñan interese en acceder a contidos culturais de alto valor. Dirixida ao ámbito universitario, é unha ferramenta idónea para aplicala no campo da investigación. Na revista, dirixida desde o seu nacemento […]