Presentación de “Dormente”, en Vigo

O día 4 de marzo, ás 20 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Dormente, de Raquel Castro. Acompañando a autora, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: listacartabon@gmail.com O acto contará con todas as medidas de seguridade. O novo […]

Rolda de prensa de presentación “Movendo os marcos do patriarcado”, en Vigo

O día 3 de marzo, celebrarase, ás 13:00 h, no Auditorio da Delegación da Xunta en Vigo, unha rolda de prensa con motivo da presentación do libro Movendo os marcos do patriarcado, de Marilar Aleixandre e María López Sández publicado dentro da Colección Feminismos da Editorial Galaxia. Acompañando ás autoras, intervirán, o presidente da Xunta de […]

Presentación de “Libres e vivas”, en Ares

O día 2 de marzo, celebrarase, ás 19 h, a presentación do libro colectivo Libres e vivas, na Biblioteca Municipal de Ares. Acompañando ás autoras Charo Pita, Elisabeth Oliveira e Paula Carballeira, participarán no acto o alcalde, Julio Iglesias, Alma Barrón, Concelleira de Cultura, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é […]

A Escola de Letras volve cunha nova edición

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas as persoas que estean interesadas en aprender e gozar da palabra con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Con novas propostas, o vindeiro luns 1 de marzo, ás 8:00 h, abrirase o prazo […]

“Akna. Os mariñeiros da terra de xeo”, un berro de amor á natureza

A Editorial Galaxia publica Akna. Os mariñeiros da terra de xeo, un álbum ilustrado para a cativada, nado da escrita de Peio Lopez-Iturri e as cores de Irati Merino Petralanda. A protagonista, Akna, é unha nena inuit que se fai preguntas sobre a natureza que a rodea. Cavilacións que desenvocan nunha idea fundamental: o xeito en que […]

Hoxe celébrase o Día de Rosalía de Castro

Hoxe, día 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. Unha figura que non precisa de moitas presentacións, pois a súa inmensa personalidade, unida de forma indisoluble a Galicia, segue a inspirarnos cada día. Loitadora, reinvidicativa e moi […]

40 anos de “Fábula”

Tal día coma hoxe, un 23 de febreiro de 1981, o país sufriu un intento de golpe de estado. A realidade social caracterizabase pola escuridade do momento. Unha época na que expoñer as propias ideas, en público ou en privado, era un acto de soberana valentía, pois as consecuencias podían ser inimaxinables. Francisco Castro, director xeral de Editorial […]

Xulio Amigo, un ano na memoria

Hai hoxe un ano a familia da Editorial Galaxia recibía un golpe terrible polo pasamento inagardado do noso compañeiro e director comercial, Xulio Amigo. Un ano despois, lembrámolo e témolo moi presente no noso traballo diario. O seu xeito de facer as cousas, as liñas que el marcou, a maneira de amar a editoral, inspíranos […]