Comeza a segunda edición da Escola de Letras

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, volve a abrir as súas portas ao alumnado este luns de xeito telemático. Baixo a premisa de “todos temos unha historia que contar“, inaugura o comezo da Escola a escritora Inma López Silva co seu Obradoiro Literario, previsto […]

A Editorial Galaxia publica o novo traballo poético de Manuel Seixas

A Editorial Galaxia publica o novo traballo poético de Manuel Seixas Trevo. Triloxía de outono, poética de vida, morte e ausencia Logo dun silencio editorial de seis anos, volve Manuel Seixas a atoparse coas súas lectoras e lectores nun vibrante poemario que a Editorial Galaxia publica dentro da súa colección Dombate. Trátase dun libro que […]

A Editorial Galaxia publica “As malas mulleres”, Premio Blanco Amor 2020

Estes días chega ás librarías de todo o país a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2020, obra de Marilar Aleixandre e titulada As  malas mulleres. A través das páxinas da novela, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 […]

8 de marzo: Folga Feminista

Hoxe é 8 de marzo e coma sempre a Editorial Galaxia apoia a folga de mulleres que pretende visibilizar a importancia e esencialidade do traballo das mulleres. É un día moi importante na loita pola Igualdade, unha loita que a Editorial Galaxia sinte como propia. Feliz 8 de marzo para todas.

Esgotadas as prazas da segunda edición da Escola de Letras

Esgotadas as prazas da segunda edición da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Os cursos de Anna Figueiredo e Inma López Silva en Vigo completáronse no espazo dunha hora no mesmo día do inicio do prazo de inscrición, o 1 de marzo A lista de agarda para todos os obradoiros […]

A Editorial Galaxia publicará unha completa biografía de Xela Arias

Montse Pena Presas é a autora da publicación. A primeiros do mes de abril, a Editorial Galaxia publicará a obra de Montse Pena Presas, Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias. A obra é froito dun rigoroso estudo da poeta de Sarria a cargo dunha das analistas literarias máis importantes do noso país e que xa […]

Aleixandre e López Sández publican o seu libro sobre Emilia Pardo Bazán

Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento de Emilia Pardo Bazán, de Marilar Aleixandre a María López Sández, é o novo libro da Colección Feminismos. O resultado de dous intensos anos de traballo nos que as escritoras intercambiaron sinerxías para darlle vida a este novo título. Un libro necesario para seguir movendo os marcos do […]

Presentación de “Movendo os marcos do patriarcado”, en Vigo

Hoxe presentamos na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo o libro de Marilar Aleixandre e María López Sández Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán e que publicamos na Editorial Galaxia dentro da colección Feminismos. Ademais das autoras, estiveron con nós no acto o presidente do Consello de Administración da […]