A RAG reclama a difusión na Rede dos códices das ‘Cantigas de Santa María’

Neste ano 2021 conmemórase o 800 aniversario do nacemento de Afonso X o Sabio, inspirado poeta en galego a cuxo padroado se debe un dos monumentos máis senlleiros da cultura europea da Idade Media, as Cántigas de Santa María. Cadrando con esta efeméride, a Real Academia Galega reclámalle a Patrimonio Nacional que siga os pasos […]
Jesús Curros Neira recolle o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

Onte celebrouse o acto de entrega do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago. Recibiuno Jesús Curros Neira pola obra Escenas, imaxes e sons do Camiño, que vimos de publicar na Editorial Galaxia. No acto participaron, canda o premiado, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, Valentín García Gómez, secretario xeral de […]
Presentación de “Escenas, imaxes e sons do Camiño”, en Santiago de Compostela

Hoxe, ás 18:30 h, celebrarase, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a presentación do libro Escenas, imaxes e sons do camiño, I Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2020, de Jesús Curros Neira, Acompañando o autor, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, e Francisco […]
Este domingo celebramos o Día da Poesía

O día 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Unha manifestación artística da diversidade, un vehículo para transmitir as emocións e os sentimentos máis profundos das persoas. Fomentar a poesía nos máis pequenos é fundamental para estimular a súa creatividade e promover a versatilidade coa palabra. Nomes, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, é unha […]
No pasamento de Xosé Ramón Barreiro

Esta madrugada faleceu o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. Figura fundamental da cultura galega, foi presidente da Real Academia Galega, de 2001 a 2010, e autor de numerosas obras, tanto ensaios especializados como libros de divulgación. Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma. Doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de […]
A figura de Xela Arias como narradora no inédito “Non te amola!”

A semana pasada presentouse en rolda de prensa na Libraría Librouro de Vigo, o libro inédito de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso, Non te amola!. Acompañados da súa nai, presentaron o libro Darío Gil Arias, fillo da autora, a ilustradora Luz Beloso, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Na editorial asumimos con orgullo […]
Comeza o primeiro obradoiro da Escola de Letras con Inma López Silva

Onte comezou o primeiro obradoiro da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, coa escritora e docente Inma López Silva. Con 15 prazas cada curso, botou a andar onte en Vigo, de maneira telemática, o encargado de innaugurar esta segunda edición da Escola. Celebrase os días 15 e 22 de marzo; 12, 19 […]
A Editorial Galaxia publica esta semana o libro inédito de Xela Arias

NON TE AMOLA! é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, Non te amola!, ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora […]