Baldo Ramos e Eva Veiga gañan o Premio Losada Diéguez por “Quérote canto”

Reciben o premio na modalidade de Creación Literaria. Quérote canto, o poemario conxunto de Baldo Ramos e Eva Veiga, foi galardoado, por unanimidade, co Premio Antón Losada Diéguez na súa XXXVI Edición e na modalidade de Creación Literaria. A xuntanza do xurado para emitir o fallo, celebrouse no Concello de Carballiño. Un galardón que contou cunha alta participación de obras de […]
Presentación de “A colección fraseolóxica de Vicente Risco”, en Santiago

O martes 27 de abril, ás 17:30 h, celebrarase, no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, a presentación do libro A colección fraseolóxica de Vicente Risco, en edición de Xosé María Gómez Clemente. Acompañando o editor, participarán Luís Martínez-Risco (Fundación Vicente Risco), a profesora e escritora Camiño Noia, Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, […]
O pleno da Real Academia Galega reelixe a Víctor F. Freixanes presidente

O pleno da Real Academia Galega reelixiu esta mañá a Víctor F. Freixanes como presidente da institución con 17 votos a favor e 3 abstencións. Acompañarano na nova comisión executiva Margarita Ledo Andión como secretaria, Fina Casalderrey na tesouraría, Marilar Aleixandre no posto de arquiveira-bibliotecaria e Henrique Monteagudo na vicesecretaría. O equipo traballará nun proxecto de […]
Celebramos o Día do Libro 2021

Dende Galaxia queremos desexarvos un feliz Día do Libro! Cremos na forza da lectura para imaxinar outros universos, coñecer novas realidades, mirar o mundo dende diferentes puntos de vista, enriquecernos día a día… E tamén na da escritura como vía para expresarnos, medrar, inventar ou reflexionar. Por iso, pensamos que o mellor libro para celebrar […]
Os mellores libros para nenas e nenos… ou para volver selo!

Cando pensamos no valor dos libros, case sempre veñen á cabeza os primeiros contos ao pé da cama, as historias que nos fixeron soñar. Nesta semana do Día do Libro, en Galaxia non podíamos esquecer as recomendacións para os máis pequenos, que tamén os maiores lerán con nostalxia ou con renovadas ganas de viaxar pola […]
Os mellores libros… para celebrar o feminismo

En Galaxia queremos darlle a importancia que merece ao papel da muller nas letras e na sociedade. Unindo pasado e presente, hoxe recomendámosvos tres libros imprescindibles. Este 2021 cúmprese o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, unha muller que puxo no centro do seu discurso a reivindicación da igualdade entre sexos. “Son unha radical […]
Os mellores libros… para coñecer a Xela Arias

Este 2021 as Letras Galegas dedícanse a Xela Arias, muller polifacética que gardaba unha forza única dentro. Montse Pena Presas amosa en Intempestiva un percorrido pola súa intensa vida: poeta, editora, profesora… Xela era unha moderna absoluta. Intempestiva, serse intempestiva. E domea-la furia á procura da froita madura Xa de noviña aborrecía as bonecas, escoitaba a Víctor […]
Os mellores libros para… xogar coas palabras!

Nesta semana na que celebraremos o venres 23 de abril o Día do Libro, queremos facer unha escolma das mellores lecturas que podedes atopar en Editorial Galaxia. Comezamos con tres libros do profesor e escritor Antón Cortizas, cos que poderedes mergullarvos na maxia das palabras. Cal é, cal é, Quen non adiviñe Ben burro é Adiviña […]