Helena Villar Janeiro será homenaxeada no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2021

A emblemática escritora Helena Villar Janeiro, autora habitual en Galaxia, será protagonista mañá dunha homenaxe nesta XXII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xunto ao ilustrador Kiko Da Silva. Ambos os dous repiten este ano, ao non poderen recibila o ano pasado por mor da pandemia. O acto, que estará organizado […]

Editorial Galaxia trae ao galego a poesía de Kirmen Uribe con “17 segundos”

O libro, tradución directa do éuscaro por parte do poeta Isaac Xubín, xa se pode atopar en librarías. A poesía de Kirmen Uribe é publicada en galego por primeira vez da man da Editorial Galaxia: o poemario 17 segundos, traducido do éuscaro polo tamén poeta Isaac Xubín e incluído na colección Dombate, compila poemas escritos […]

Presentación de “A vida secreta de Úrsula Bas”, en Santiago de Compostela

O xoves 6 de maio, ás 19:30 h, celebrarase, na librería Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación do libro A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, asistirán o xornalista Luís Pardo, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Mañá chegará a todas as librarías un dos libros máis […]

Presentación de “Contra o reloxo”, en Santiago de Compostela

O mércores 5 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Pedreira de Santiago de Compostela, a presentación do libro Contra o reloxo, de Carlos Labraña, ilustrado por Fonso Barreiro (Fon). Acompañando o autor e o ilustrador, asistirá o crítico literario Armando Requeixo. O acto contará cunha lectura dramatizada do texto a cargo da compañía “Os […]

Galaxia publica “Historias da Fraga Revirada”, o novo traballo de Xosé Tomás

Publicado na colección Árbore de Editorial Galaxia, Historias da Fraga Revirada, é un álbum ilustrado que amosa á cativada a importancia de que todas e todos sexamos a persoa que queremos ser. Un libro que conta con xogos e actividades para que as máis pequenas da casa poidan ser partícipes das fermosas historias da fraga. O […]

Rolda de prensa de presentación de “Alén”, en Ferrol

O venres 30 de abril, celebrarase, ás 18:00 h, no patio do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, unha rolda de prensa de presentación arredor do libro Alén, de Xaime Quintanilla. Presentarán o libro o alcalde de Ferrol, Ángel Mato Escalona, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Velaquí a nova reedición de Alén, de Xaime Quintanilla, unha […]

Rolda de prensa de presentación de “Vermellos e laicos”, na Coruña

O xoves 29 de abril, celebrarase, ás 11:30 h, unha rolda de prensa de presentación do libro de Narciso de Gabriel, Vermellos e laicos, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. Acompañando o autor, participarán Jesús Celemín, Concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Vermellos e laicos inaugura a colección […]