Rosalía Fernández Rial, finalista no festival aRi[t]mar co poema “A reflexión”

O poema A reflexión, de Rosalía Fernández Rial, pertencente ao poemario Árbores no deserto, é finalista no prestixioso festival de poesía aRi[t]mar Galiza e Portugal. Publicado na colección Dombate de Editorial Galaxia, este libro é un grito contra o esquecemento de mulleres que sentaron as bases do pensamento feminista actual. Mulleres fortes e valentes que […]

Presentación de “A boneca de cristal”, en Vigo

O venres 16 de abril, celebrarase, ás 20 h, a presentación do libro A boneca de cristal, de Majo Villar, na librería Cartabón de Vigo. Acompañando á autora, asistirán o ilustrador Antonio Seijas e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: listacartabon@gmail.com Este libro é […]

Montes Pena Presas achéganos á figura de Xela Arias, en “Intempestiva”

Xa está dispoñible a biografía completa da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, escrita por Montse Pena Presas. Chegará a todas as librerías do país esta publicación, que amosa unha Xela Intempestiva, adiantada ao seu tempo. Unha muller que non entendía a vida sen música. Atopámonos ante o […]

Presentación de “Diario dun mestre na pandemia”, no Club Faro de Vigo

O día 12 de abril, ás 20 h, celebrarase, no Salón de Actos do MARCO de Vigo, unha charla-coloquio arredor do libro Diario dun mestre na pandemia, de Santi Domínguez, organizada polo Club Faro de Vigo. Presentarase o libro nunha conversa entre o autor e o escritor Antonio García Teijeiro, moderada por Francisco Castro, director […]

A Fundación Penzol recibe o Premio da Cultura Galega 2020

Foi galardoada na categoría de Patrimonio Cultural. Un recoñecemento que pon en valor a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construcción cultural de Galicia. Onte, celebrouse unha gala no Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na que Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol, proclamou a […]

XXXIII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

A Editorial Galaxia lanza a colección “Memoria histórica”

Vermellos e laicos, do historiador Narciso de Gabriel, inaugúraa botando luz sobre a depuración do profesorado laicista na Coruña por parte da represión franquista. A nova colección “Memoria histórica”, que chegará ás librarías a próxima semana coa publicación do libro Vermellos e laicos, de Narciso de Gabriel, quere dar continuidade ao longo compromiso da Editorial […]