Nós TV estrea, este sábado, “Eu son Balbino!”

Sesenta anos despois da súa publicación, Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, segue a ser, ademais dun clásico universal, un dos libros máis editados e traducidos da nosa literatura. Por que é tan especial? Que segredos e verdades habitan entre as súas páxinas? Continúa presente a forza da lingua, do rural e da infancia? […]

O día 15 de setembro Galaxia publica o novo libro de Francisco Castro

O novo libro de Francisco Castro, O cemiterio de barcos, pertence á colección Costa Oeste do catálogo da editorial. Unha novela de aventuras e misterio que atrapá ás lectores e lectores de todas as idadese que sae publicada nas catro linguas oficias do Estado Español. Despois do seu libro Tantos anos de silencio (2020), unha viaxe apaixonante […]

O novo libro de Domingo Villar chega a todas as librarías o día 8

Este mércores, día 8 de setembro, o novo libro de Domingo Villar, Algúns contos completos, chegará ás librarías de toda Galicia. Os dez relatos do libro están acompañados dos linogravados de Carlos Baonza. Tralo éxito de O último barco (2019), que puxo o ramo á triloxía do inspector Leo Caldas, dous anos despois, Algúns contos completos desvelará unha faceta sorprendente do […]

A Editorial Galaxia publica “Aura 1964”, de Ignacio Vilar

Con este título a editorial inaugura no seu catálogo a colección Guión na que aposta pola publicación de textos escritos para o cine. A Editorial Galaxia aposta a favor da memoria histórica con “Aura 1964”, de Ignacio Vilar,  guión da súa nova película, e un proxecto apoiado polo Creative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinema europeo). […]

Convócase o IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Como un medio de promoción para os novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ao veciño deste concello Xosé Carlos Mosteiro Fraga, falecido en 2017, proponse a edición do IV Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, de obras literarias dirixidas a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos. […]

A Editorial Galaxia avanza as súas novidades de fin de ano

Neste mes publicarase Algúns contos completos, o novo e esperado libro de Domingo Villar, acompañado dos linogravados de Carlos Baonza Tralo éxito de O último barco (2019), que puxo o ramo á triloxía do inspector Leo Caldas, dous anos despois, Algúns contos completos desvelará unha faceta sorprendente do aplaudido autor de novela negra. Esta obra reúne unha selección de relatos que o autor […]

Un verán para ler e sentir

Chega agosto e con el o descanso da editorial Galaxia. Unha pausa que nos axuda a coller impulso para ofrecervos un novo curso cargado de lecturas e novidades para todas as idades e gustos. O verán é un momento fabuloso para ler, soñar e vivir en liberdade as oportunidades que nos ofrece a calor da tempada. […]

Sinaturas na Feira do Libro da Coruña

María Canosa, Miriam Couceiro Castro, Marilar Aleixandre, Xurxo Souto, Pilar García Rego, Víctor Rivas, Xosé Tomás, Marta Dacosta e Xavier Queipo, son as autoras e autores que estarán asinando os seus últimos lanzamentos. En pleno verán chega a agardada Feira do Libro da Coruña, un evento ao que non poden faltar todas as amantes das letras. […]