Presentación de “Quérote canto”, en Pontedeume

O venres 24 de setembro, celebrarase, ás 20:30 h, na Casa da Cultura de Pontedeume, a presentación do poemario Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga. Acompañando aos autores, presentará o libro a profesora e crítica Teresa Seara. O acto contará coa actuación musical de Bernardo Martínez e Fito Ares. Durante o proceso creativo do […]

A Editorial Galaxia publica o XVI Premio Raíña Lupa, “O enigma de Santiago”

O enigma de Santiago, de Xosé A. Neira Cruz, foi a obra escollida como gañadora na XVI edición do prestixioso Premio Raíña Lupa. Publicada na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, a novela describe unha trama arredor do poder que se artella a través de feitos históricos, destinado ao público infantil. Amosa a ligazón entre […]

Presentación do novo libro de Domingo Villar, “Algúns contos completos”, en Vigo

O xoves 23 de setembro, celebrarase, ás 20:00 h, no MARCO de Vigo, a presentación do novo libro de Domingo Villar, Algúns contos completos, ilustrado cos linogravados de Carlos Baonza. Acompañando aos autores, no encontro participará Ana Pereira, doutora en Historia da Arte, como moderadora. É imprescindible confirmar asistencia no correo comunicacion@editorialgalaxia.gal e chegar con quince […]

“Algúns contos completos”, de Domingo Villar, un tributo á amizade

Despois dunha semana nas librarías, Algúns contos completos, de Domingo Villar, móstrase como un tributo á vida e á amizade, un libro no que non hai espazo para a tristeza. Dez relatos fabulosos, adobiados cos linogravados do artista Carlos Baonza.  O propio Villar asegura que “o título é unha homenaxe ao meu pai, que nos seus últimos anos comezou […]

Onte inauguramos o Obradoiro Literario, con Anna R. Figueiredo, da Escola de Letras

Onte presentamos, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, o obradoiro literario da Escola de Letras, “Escribir unha novela”, con Anna R. Figueiredo. Acompañando a docente, asistiron Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, a deputada de turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias González, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A Escola […]

Sarabela Teatro estrea a obra “Morgana en Esmelle”, en Ourense

O venres 17 de setembro, celebrarase, ás 21.00 h, no Auditorio Municipal de Ourense, a estrea da obra teatral Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro. Baseada no libro de Begoña Caamaño, publicado na Editorial Galaxia, a edición e dirección corre a cargo de Ánxeles Cuña Bóveda. Esta é unha novela que recibiu recoñecementos como o Premio da Crítica […]

Le o primeiro capítulo do novo libro de Francisco Castro

Xa podedes ler o primeiro capítulo de O cemiterio de barcos, de Francisco Castro, premendo aquí. O escritor Francisco Castro preséntanos unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Esta novela de aventuras e misterio, publicada na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, atrapá ás lectoras e lectores de todas […]

Obradoiro Literario da Escola de Letras con Anna R. Figueiredo

Este mércores 15 de setembro, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, retoma a súa actividade achegando a palabra ás alumnas e alumnos, na cidade de Vigo. Neste caso, o Obradoiro Literario: Escribir unha novela, impartido pola docente Anna R. Figueiredo, celebrarase, en Vigo, os días 15, 22 e 29 de setembro; 6, 13, 20 e 27 de outubro; 3 de novembro. Acompañando a docente, xunto a […]