Visita de Âncora Editora a Galaxia

Onte mércores recibimos na sede da Editorial Galaxia a visita de António Baptista, director de Âncora Editora, casa editorial portuguesa e que se reuniu cos responsables da Editorial Galaxia dentro do plan de Internacionalización que estamos a desenvolver e que ten como obxectivo estreitar os lazos entre a literatura galega e a literatura portuguesa. No […]

Presentación de “Soldados forzosos”, en Vigo

O xoves 29 de xullo, celebrarase, ás 19 h, a presentación de Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española, de Francisco J. Leira-Castiñeira, na Casa do Libro de Vigo. Acompañando o autor, estarán Pilar Mera Costas, Profesora de UNED Madrid, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, […]

Galaxia publica “Viches iso?”, de José Arcas

A colección Lanterna de Aristóteles, de Editorial Galaxia, medra coa nova incorporación do título Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles, de José Arcas. Un libro singular, moi intuitivo e ameno que axuda a comprender o mundo que existe ao noso carón. Unha chamada de atención a erguer a cabeza, facendo un percorrido […]

A Editorial Galaxia publica “O asubío do avó”

Unha historia de Ángeles Goás, ilustrada por Leandro Lamas. Publicada na colección Álbum de Editorial Galaxia, O asubío do avó amosa o amor dun neto polo seu avó. Un avó que posúe unha particularidade especial, o seu fabuloso asubío. “…levaba música dentro, por iso o seu asubío era o mellor do mundo”. Unha historia sensorial que nos […]

71 anos da Editorial Galaxia

Un 25 de xullo de 1950 celebrábase no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia. Quenes estaban alí compartían un soño que non entendía de limitacións ou dificultades. A base de valentía, forza e un compromiso férreo, creouse o que hoxe é a casa literaria de Galicia. Presidida por Ramón […]

Alberto Lema gaña o XXXIII premio de novela Manuel García Barros

O xurado do premio de Novela Manuel García Barros composto por Anxos Sumai, Carmen Ferreira, Carlos Lema, Armando Requeixo e Carlos Loureiro, en calidade de secretario fallou, na mañá de hoxe mércores a trixésimo terceira edición deste premio que foi, por maioría, a parar a mans de Alberto Lema pola obra “Pazo de inverno”. O […]

Presentación de “Os mundos de agora”, en Ourense

O xoves 22 de xullo, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dentro da programación do ‘Foro La Región’, a presentación do libro Os mundos de agora, de Lois Oreiro. Baixo o título de OS ROBOTS NON PENSAN NIN AMAN, INFLÚEN. Intelixencia artificial e implantes tecnolóxicos que condicionan o humano,  Marcus Fernández, webmáster de […]

Presentación de “H2… Oh!!! Pingas científicas”, na Coruña

O venres 16 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na Sala Leonardo da Vinci, da Domus da Coruña, a presentación de H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando a autora, estarán Patricia Barciela, directora da Domus, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O novo traballo de María Canosa é un libro singular, […]