O mércores inauguramos o novo obradoiro da Escola de Letras, con Diego Giráldez

O vindeiro mércores 6 de outubro comeza o novo obradoiro con Diego Giráldez, da Escola de Letras, en Pontevedra. A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia continúa a súa traxectoria cun novo Obradoiro Literario, esta vez, con Diego Giráldez. Durante cinco sesións, que comezarán este mércores e se levarán a […]
Hoxe celébrase o Día Mundial dos Animais

Hoxe é o Día Mundial dos Animais, unha data na que celebramos a vida animal en calquera das súas formas. O propósito central deste día é lembrar a importancia de todas as especies animais con quen compartimos o planeta. A través deste tipo de celebracións, búscase crear unha nova cultura do respecto e sensibilidade cara […]
Hoxe celébrase o Día Internacional da Música

Hoxe, día 1 de outubro, celébrase o Día Internacional da Música e, para festexalo, compartimos con todas e todos vós algunhas das nosas últimas novidades musicais. No catálogo da Editorial Galaxia, publicamos o libro-disco Se te quixen foi polos grelos, de Timparrantela. Unha banda composta por Olga Brañas, Lorena Sotelo, María Blanco, Olalla López, Olalla […]
Hoxe celébrase o Día Internacional da Tradución

Hoxe celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data que pon en valor o traballo das tradutoras e tradutores que, a través do seu labor, achegan o pensamento e as ideas de persoas de todo o mundo á sociedade. Facilitan o diálogo e o entendemento, e propician que unha autora ou un autor poida contar a […]
O simposio LIBROS POLA DIVERSIDADE acolle a colección Lectura Fácil de Galaxia

O xoves 30 de setembro, celebrarase, ás 16:30 h, un encontro con Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, que presentará a colección de Lectura Fácil de Editorial Galaxia. Será no simposio O libro e a Lectura: LIBROS POLA DIVERSIDADE, organizado pola Asociación Galega de Editoras (AGE), no Consello da Cultura Galega, en Santiago de […]
A Editorial Galaxia publica a nova novela de Xoaquín Fernández Leiceaga

A Editorial Galaxia publica Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga. Pertencente á colección Literaria, trátase dunha obra narrativa, de xénero policial, na que se reflexiona sobre as primeiras épocas da democracia. Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da […]
Hoxe celebramos o Día Europeo das Linguas

Hoxe celébrase o Día Europeo das Linguas, unha data que lembra a importancia de coidar e preservar o valor máis importante que posuímos a nivel cultural e social, a nosa identidade lingüística. Fomentar a rica diversidade cultural de Europa, así como incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través da aprendizaxe doutras linguas, […]
Galaxia publica dous grandes clásicos universais da literatura xuvenil

O castelo encantado, de Edith Nesbit, e O xardín secreto, de Frances Hodgson Burnett, son os dous títulos que a Editorial Galaxia suma ao seu catálogo, na colección Costa Oeste. As traducións son un valor engadido no que a editorial cre firmemente. Darlle a oportunidade ao noso público de ler grandes clásicos da literatura xuvenil […]