“Memorias dun neno labrego” será traducido ao inglés por Small Stations Press

Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, que este 2021 cumpriu 60 anos desde a súa publicación en Bos Aires, será traducido ao inglés pola editorial Small Stations Press. Baixo o título de Memoirs of a Village Boy, en tradución de John Rutherford, profesor da Universidade de Oxford e fundador do primeiro […]
Hoxe celebramos o Día das Escritoras

Hoxe é o Día das Escritoras, unha conmemoración internacional que busca recuperar o legado das autoras e facer visible o seu traballo. Está é uha celebración que loita por visibilizar o papel das autoras no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica. A literatura escrita por mulleres pon, en moitas ocasións, o foco nas […]
Xesús Fraga gaña o Premio Nacional de Narrativa 2021 con “Virtudes (e misterios)”

Acabamos de saber que Xesús Fraga vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa 2021 pola súa obra Virtudes (e misterios). Unha gran noticia e un galardón máis que se suma ao libro gañador do Premio Blanco Amor 2019. Este premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado […]
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de […]
Presentación de “Baixo as alas de abril”, en Santiago de Compostela

O xoves 14 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación de Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga, na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela. Acompañando o autor, asistirá o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e Dolores Vilavedra en representación da Editorial Galaxia. Esta é unha novela de intriga […]
Galaxia celebra o Día da Ciencia en Galicia

Cada 8 de outubro celébrase o Día da Ciencia en Galicia, unha data que lembra a importancia de resaltar o labor de todas e todos os profesionais deste eido. O seu principal obxectivo é o de salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia […]
Presentación de “Vermellos e laicos”, en Allariz

O venres 8 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación de Vermellos e laicos, de Narciso de Gabriel, na Fundación Vicente Risco, en Allariz. Acompañando o autor, estarán o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga, e Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia. Vermellos e laicos inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia. […]
A novela “Eternity”, de Xosé Monteagudo é a gañadora do XV Premio Repsol

A obra Eternity de Xosé Monteagudo resultou gañadora da XV edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá o voceiro xurado, Xavier Senín, na sede da Real Academia Galega na Coruña O acto do ditame contou coa presenza de representantes das entidades participantes do premio, o secretario xeral de […]