A nova diáspora galega contada por mulleres

María Alonso Alonso publica, na colección Hoxeéhoxe de Editorial Galaxia, Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres. Un libro que recolle as experiencias de todas aquelas que marcharon forzadas por unha crise, ou crises, que nada teñen que ver con elas. Aida Alonso Iglesias (Estados Unidos), Ana González Chouciño (Edimburgo), Sara Estévez Fernández (Berlín), […]

Hoxe presentamos “Libres e vivas”, en Lugo

Hoxe celebrouse, ás 11:00 h, no Auditorio Municipal “Gustavo Freire” de Lugo, a presentación do libro colectivo Libres e vivas, ante o alumnado de 4 da ESO e 1º de B.A.C de catro institutos da cidade lucense. No acto, participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso; Francisco […]

Para entender quen somos

Hai uns días, anunciaban na prensa que o libro gañador do Premio Blanco Amor 2019, Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, vén de sumar un galardón máis á súa traxectoria, o Premio Nacional de Narrativa. Un prestixioso recoñecemento que pon en valor a gran calidade da nosa literatura máis aló das fronteiras xeográficas e lingüísticas. […]

Paula Carballeira está nominada ao Premio Memorial Astrid Lindgren

A escritora, intérprete e contacontos Paula Carballeira está nominada ao prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren, convocado polo Swedish Arts Council. Todo un recoñecemento a unha carreira brillante que pon de manifesto a gran calidade das nosas letras, dentro e fóra do país. O Premio Memorial Astrid Lindgren sinala na súa lista de nominados  282 nomes, pertencentes […]

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas, unha data que celebra a importancia do labor que levan a cabo estes espazos, tesoureiros da cultura e das letras. Templos da lectura, que defenden e acubillan as palabras, achegándoas a nenas,  nenos, e maiores. Organismos cómplices, encárganse de manter e crear a novas lectoras e […]

Un libro para que os pequenxs entendan a morte

A Editorial Galaxia publica, no seu catálogo Chora, corazón, pero endexamais raches, de Glenn Ringtved. Un libro adobiado coas ilustracións de Charlotte Pardi, que prepara ás lectoras e lectores máis miudos para afrontar as dificultades da perda dos seus seres queridos. O traballo de tradución de Dragana Djordjevic achega ao público o conmovedor relato de […]

Arancha Nogueira gaña o XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Arancha Nogueira gaña o XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo con Antese. Reunido o xurado do XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración co Concello de Gondomar e Editorial Galaxia, formado polas escritoras Úrsula Heinze e Eva Mejuto, e os escritores Carlos Lema, en nome de Editorial Galaxia, […]

Hoxe presentamos, “Polos vieiros do Fabulador”, de Cunqueiro

Hoxe presentamos, na sala Rosalía da Deputación de Pontevedra, en Vigo, Polos vieiros do Fabulador. Cunqueiro e Pontevedra, de Álvaro Cunqueiro. Este libro é o resultado dunha escolma de textos de Cunqueiro, que fan referencia á provincia de Pontevedra e ás súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Un paraíso cultural, turístico, paisaxístico e gastronómico que plasmou, […]