Convócase o XXXIV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]
Mañá comeza o Obradoiro Literario, con Inma López Silva, da Escola de Letras

Mañá, a III edición da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, comeza co Obradoiro Literario, coa docente Inma López Silva, na cidade de Vigo. As sesións celebraranse os días 8, 15 e 22 de febreiro; 8, 15 e 22 de marzo; 5 e 19 de abril, na sede da Deputación de […]
Presentación de “O idioma galego baixo o franquismo”, no MARCO de Vigo

O luns 7 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, a presentación de O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, organizada polo Club Faro. Acompañando o autor, estarán o catedrático e membro da RAG Xesús Alonso Montero, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Publicada na colección Manuais da […]
“Ulises”, de James Joyce, cumpre cen anos

Este ano celebramos o centenario de Ulises, de James Joyce, unha novela que revolucionou a literatura moderna. Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a extensa novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un só día, o 16 de xuño de 1904, en Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte […]
Presentación de “Pasaba por alí. E quedei un intre”, na Coruña

O xoves 3 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Lume da Coruña, a presentación de Pasaba por alí. E quedei un intre, de Xoán Rubia. Acompañando o autor, estarán o xornalista Cándido Barral e o escritor Xavier Alcalá. O acto contará coa interpretación musical do autor. Considerado un dos nomes máis importantes da música […]
Arantza Portabales publica unha nova novela en marzo

Portabales, unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, Sobrevivindo, que chega o 3 de marzo a todas as librarías de Galicia. Esta nova entrega amosa a evolución literaria dunha das escritoras máis importantes do panorama actual. A autora ofrece a posibilidade de comparar a súa escrita de […]
Unha obra de Blanco Amor, entre as novidades de Galaxia

Teracea marroquí 1935, de Eduardo Blanco Amor, en edición de Xosé Enrique Acuña, é unha das últimas novidades editoriais de Galaxia. Neste volume, publicado nunha coidadosa edición, recóllense as reportaxes escritas desde diversas perspectivas, da brillante prosa blancoamoriana. Datan de 1935 mais recenden actualidade por todas as súas letras. Uns escritos de grande altura literaria, […]
O legado do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán, avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes. Foi tamén un extraordinario activista cultural, promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México […]