Convócase o XXXIV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

Galicia chora a vosa perda

Neste día tan duro para Galicia, dende a Editorial Galaxia, queremos transmitir o noso profundo pesar pola traxedia ocurrida en Terranova. Todo o noso apoio e agarimo para os familiares das vítimas. Os mariñeiros, heróicos e xenerosos, loitaron contra o mar, que tanto nos da, deixándonos hoxe unha dor infinda. Galicia chora a vosa perda.

Convócase o II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a segunda edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: Primeira Poderán optar ao II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio […]

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia

Unha data que nos lembra que aínda queda moito por facer para acadar unha igualdade real en todos os eidos, especialmente, no da ciencia. A igualdade de xénero e o empoderamento son fundamentais para que as mulleres e as nenas, que serán as científicas do futuro, poidan contribuir decisivamente neste ámbito. Espazo no que aínda, […]

Galaxia publica a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Bebedeira, Galicia infinda e O soño do guieiro, son os libros de poemas que publicou o autor e que agora Galaxia recupera co gallo de ser o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Este ano, Galicia réndelle homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán dedicándolle o Día das Letras Galegas 2022. Galaxia, contribúe nesta causa […]

Mañá comeza o Obradoiro, con Inma López Silva, da Escola de Letras, en Pontevedra

Onte presentamos o primeiro Obradoiro da terceira edición da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, con Inma López Silva, en Vigo. Mañá, celebrarase na cidade de Pontevedra. A capital provincial será a encargada de acoller o segundo obradoiro desta edición da man dunha das escritoras máis destacadas do panorama actual. […]

Presentación de “Testemuño da Guerra Civil”, en Curtis

O mércores 9 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, a presentación de Testemuño da Guerra Civil, de Isabel Ríos, no Restaurante Express de Curtis. No acto, estarán Manuel Calvelo, fillo da autora, o comunicador Antón Ferreiro, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Despois de fuxir de golpes militares en España, na Arxentina e […]