Presentación de “Baixo as alas de abril”, en Rianxo

O venres 28 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, na Sala Arcos Moles do Auditorio de Rianxo, a presentación de Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga, organizada pola A. C. Barbantia. Acompañando o autor, estarán o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños;  Xesús Laiño e María Xesús Blanco, en representación de A. C. […]

Coidar o medio ambiente, unha responsabilidade de todas

Hoxe celebramos o Día da Educación Ambiental, unha data que nos lembra a importancia de coidar e preservar o máis importante que temos: a natureza. Xenerosa e sabia, é a encargada de brindar a todas e todos os recursos necesarios para sobrevivir e desfrutar do mundo. Como especie humana, temos unha débeda con ela, o […]

25 aniversario do nacemento de Harry Potter

En xuño cúmprense 25 anos dende que se publicou o primeiro tomo da saga protagonizada polo mago máis famoso do mundo: Harry Potter e a pedra filosofal. Un 26 de xuño de 1997, unha decidida J. K. Rowling, daba a luz o que sería o comezo dunha viaxe máxica que arrastraría a persoas de todo […]

Encontro arredor da industria editorial galega, en Vigo

O martes 25 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Museo Verbum – Casa das Palabras de Samil, Vigo, un encontro con Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, e Inma López Silva, escritora e crítica teatral, arredor da industria editorial galega, dende un punto de vista económico, organizado polo ECOBAS Interuniversity Research […]

“O idioma galego baixo o franquismo”, unha historia social da lingua durante a ditadura

En 1938, Franco afirmaba que na nova España totalitaria se imporía “una unidad nacional, que la queremos absoluta, con una sola lengua, el castellano, y una sola personalidad, la española”. Tras a caída de Cataluña, La Vanguardia publicaba un editorial titulado “Hablar como Franco”, unha consigna repetida ao longo das vindeiras décadas que sintetiza a política […]

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de Inma López Silva

Despois do grande éxito nas súas primeiras edicións, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar con outros amigos das letras, asistindo a obradoiros con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Cun calendario ateigado de propostas, hoxe, martes […]

Hoxe presentamos a III Edición da Escola de Letras

Hoxe celebrouse unha rolda de prensa arredor da III Edición da Escola de Letras, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo. Participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Paula Cabaleiro, directora de Cultura, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e o docente […]

Presentación de “Monte pindo”, na Fervenza do Ézaro

O domingo 16 de xaneiro, celebrarase, ás 11:30 h, na Fervenza do Ézaro, a presentación de Monte pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, de Laura Suárez. Acompañando a autora, estarán o alcalde do Concello de Dumbría, José Manuel Pequeño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O Monte pindo é coñecido como o […]