Convócase o Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

O Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca este certame coa finalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores. As bases polas que […]
O clásico de Neira Vilas chega aos 70.000 exemplares vendidos

“Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre” Así é como comeza Memorias dun neno labrego, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea, autoría de Xosé Neira Vilas, que xa vendeu máis de 70.000 exemplares desde a súa primeira publicación. O autor plasmou neste libro o sentir de Balbino, un rapaz […]
Xa podes ler o primeiro capítulo da nova novela de Blanca Riestra

Xa podedes ler o primeiro capítulo de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra, premendo aquí. A autora gañou este prestixioso recoñecemento cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares, destacando a súa riqueza literaria, caracterizada […]
O 3 de marzo estrearase a obra de teatro “As alumnas”, de Paula Carballeira

O vindeiro 3 de marzo, celebrarase, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, a estrea de As alumnas, unha obra de teatro de Culturactiva Producións, escrita por Paula Carballeira, que busca homenaxear a figura de mulleres como María Barbeito. A obra, protagonizada por Anabell Gago e Mónica Camaño, dirixida por Fina Calleja, homenaxea a todas as […]
Rosalía de Castro, muller faro

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro. Unha muller imprescindible na cultura galega que, actualmente, segue a iluminar Galicia coa súa luz inapagable. Tal día coma hoxe, en 1837, nacía, en Santiago de Compostela, Rosalía de Castro, unha das figuras claves da nosa sociedade, é a escritora máis importante do Rexurdimento […]
Presentación de “Castelao. Construtor da nación”, Tomo II e III, en Compostela

O mércores 23 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, no Museo do Pobo Galego, a presentación de Castelao. Construtor da nación, Tomo II e Tomo III, de Miguel Anxo Seixas Seoane. Acompañando o autor, asistirán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do Consorcio de Santiago, […]
Timparrantela, finalista nos XXI Premios Opinión da Música de Raíz

A banda Timparrantela é finalista, na categoría de ‘Mellor tema orixinal’, nos XXI Premios Opinión da Música de Raíz, pola canción O Tío do Curruncho, do libro-disco Se te quixen foi polos grelos. Os textos deste disco están cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Olga Brañas […]
Onte presentáronse, en Valdeorras, os poemarios de Delgado Gurriarán

Os libros, Bebedeira, O soño do guieiro, e Galicia infinda, son tres obras fundamentais para coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán, que reeditou a Editorial Galaxia neste primeiro trimestre. Onte, Valdeorras acolleu a presentación dos poemarios do protagonista do Día das Letras Galegas. O acto, contou coa participación de Eva Delgado, en representación da […]