Presentación de “Oito días sen Eva Cortes”, en Vigo

O venres 11 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, en El Corte Inglés de Vigo, a presentación de Oito días sen Eva Cortes, Premio de Narrativa Illa Nova 2021, de Sara Vila Alonso. Acompañando a autora, estarán Pati Blanco, poeta e director de márketing e comunicación de El Corte Inglés, e Malores Villanueva, coordinadora do […]

20 anos sen Carlos

Hoxe cúmprense 20 anos do pasamento do que foi o noso director, Carlos Casares. Escritor e protagonista no Día das Letras Galegas 2017, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega. Traballador incansable, dirixiu Galaxia e a revista GRIAL ata os seus últimos días. Contador nato de historias, brindounos un legado repleto de obras […]

A Editorial Galaxia publica o primeiro ensaio de Francisco Castro

Xa está en todas as librarías o primeiro ensaio de Francisco Castro, publicado na Colección Feminismos da Editorial Galaxia, titulado Isto si é un home. Neste libro Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio irónico, por momentos esmendrellante, en que […]

8M. Unha loita de todas as persoas

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en toda a sociedade, […]

Galaxia publicará a Poesía Reunida de Luísa Villalta

Ao longo deste ano, a Editorial Galaxia publicará, na colección Letras Galegas Clásicos, o libro de Luísa Villalta, Pensar é escuro. Poesía reunida, en edición do crítico literario Armando Requeixo. Esta obra amosa a luz e talento dunha muller imprescindible nas nosas letras. Completa a homenaxe que rendemos dende a Editorial Galaxia á figura da […]

Presentación de “Pioneiras na ciencia en Galicia”, en Santiago de Compostela

O luns 7 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación de Pioneiras da ciencia en Galicia, de Eduardo Rolland e Manuel Rey, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Acompañando os autores, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Este libro aborda o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, […]

Galaxia reedita o “Ulises”, de James Joyce, no seu centenario

A obra que catapultou á fama a James Joyce, “Ulises”, celebra este ano o seu centenario. A Editorial Galaxia reedita, en formato rústica, a obra do laureado escritor para que este ano volva aos andeis de todas as librarías de Galicia. A Editorial Galaxia, apostando por este clásico imprescindible, publicouno por primeira vez en galego, […]

Rolda de prensa arredor de “Debuxar o mundo”, en Santiago de Compostela

Hoxe celebramos unha rolda de prensa arredor de Debuxar o mundo. Xogar, crear e compartir, Premio Marta Mata de Pedagoxía 2020, de Vicente Blanco e Salvador Cidrás, no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Acompañando os autores, no acto participaron Jesús Manuel Álvarez Bértolo, Director Xeral de Centros e […]