Chegan as RAIOLAS DE SOL de Antonio García Teijeiro

Volve o mellor Antonio García Teijeiro. E faino cun libro de relatos que publicamos na colección xuvenil Costa Oeste e que titula RAIOLAS DE SOL. Na liña lírica e narrativa á que nos ten acostumados, ofrécenos historias que son precisamente coma a realidade que lle dá título ao volume, raiolas de sol, ou sexa, espazos […]
Nova novela infantil de Bernardino Graña

Leva uns días xa nos andeis das librerías galegas o novo traballo dese clásico da nosa Literatura Infantil e Xuvenil que é Bernardino Graña. O seu título é TRAGAXÁN E TRAGADIÑO e está ilustrado, dentro da colección Árbore 8 anos por Patricia Castelao. Nesta súa nova obra, o autor do Morrazo recrea aqueles tempos da […]
O debate sobre as esquerdas e as dereitas

Seguimos debullando algúns dos interesantes contidos da revista GRIAL que imos dando descargables en PDF. Desta volta, ofrecemos, na ligazón á dereita destas liñas a interesante reflexión que sobre a cuestión do eterno debate entre a esquerda e a dereita realiza o historiador e escritor portugués Ruí Tavares.
Publicamos a nova novela de Celia Díaz Núñez

Hai unhas semanas chegou ás librerías galegas, dentro da colección Costa Oeste, a novela de Celia Díaz Núñez, A BOCA DO MONTE, unha historia que a autora sitúa nas terras da súa nenez, e que nos leva por unha época lonxana no tempo, a do Imperio Romano, pero moi próxima no espazo, as terras de […]
Neira Vilas, un galego en dous continentes

No novo número da revista GRIAL publicamos o texto íntegro da intervención de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, celebrada na Cidade da Cultura o 17 de marzo de 2016 no acto de homenaxe a Xosé Neira Vilas. Na ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o texto completo en formato PDF.
Xosé Monteagudo publica TODO CANTO FOMOS

Estes días comezará a chegar ás librerías do noso país a nova novela de Xosé Montegudo, TODO CANTO FOMOS, No argumento atopamos un mollo de historias que dialogan ente si: Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha […]
Presentación e coloquio arredor da nova novela de Francisco Castro en San Sadurniño

Este mércores ás 18 horas, a novela de Francisco Castro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA parará a súa xeira de presentacións en San Sadurniño onde, acompañado pola Concelleira de Igualdade Ana B. Gundín, se celebrará un coloquio posterior ao acto na Casa da Xuventude. Ademais das presentacións formais que desta novela se ten […]
Finou Sabino Torres

LUNS, 12.30 horas. Hai uns intres coñeciamos a triste nova do pasamento do editor, xornalista e poeta, nunha clínica de Madrid, Sabino Torres, memoria da edición galega, xornalista e poeta. Pasará á historia por todas esas actividades mais, tamén, por ser o responsable da colección Benito Soto que, na Pontevedra de 1949 daba ao prelo […]