O soño da Galiza ideal

Estes días irá chegando ao prelo o libro de Xosé M. Núñez Seixas, O SOÑO DA GALIZA IDEAL. ESTUDOS SOBRE EXILIADOS E EMIGRANTES GALEGOS. Neste libro reúnense seis traballos, publicados en diversos volumes e revistas entre os anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración […]

Homenaxe a Franco Grande e ao seu dicionario

O escritor e académico Xosé Luís Franco Grande recibiu o pasado luns unha homenaxe en Redondela como recoñecemento ao autor do ‘Diccionario galego-castelán’. Da importancia do seu dicionario (que xuntou máis de 40.000 voces), publicado por vez primeira en 1968, na achega de milleiros de persoas ao coñecemento sistemático do repertorio léxico galego, que os […]

Éxito na presentación de A BOCA DO MONTE en Ourense

Malia que o termómetro que se podía ver fóra da carpa da Feira do Libro de Ourense marcaba, ao inicio do acto de presentación da novela de Celia Díaz Núñez, 39 graos, a carpa encheuse de público (que tivo que acomodarse como puido fóra das instalacións) para acompañar á autora (abeirada pola poeta e artista […]

Cuarta edición para O ACHADO DO CASTRO

Hai pouco máis de un ano decidimos traer ao catálogo da editorial Galaxia, para a colección Costa Oeste, olibro de Manuel Núñez Singala O ACHADO DO CASTRO, publicada no ano 1991 e que dende aquela data non deixaba de triunfar entre o lectorado mozo galego. Cunha nova capa e edición, lanzámola coa seguridade de que […]

Presentación en Ourense do novo libro de Celia Díaz Núñez

A escritora Celia Díaz Núñez presentará a súa novela A BOCA DO MONTE acompañado pola poeta Celia Parra e o editor Francisco Castro mañá martes na Feira do Libro de Ourense. Durante o acto actuará o grupo musical As da Chispa. Estamos diante dun libro que nos leva á época do imperio romano pero sen […]

Coloquio entre Carlos Vila Sexto e Francisco Castro en Ourense arredor das novelas de intriga

Este mércores, e dentro dos actos da Feira do Libro de Ourense, os escritores Carlos Vila Sexto e Francisco Castro, moderados pola tamén escritora María Canosa, manterán un debate arredor do título ESCRIBIR INTRIGA. Ambos os autores teñen publicado dende sempre novelas nos que a compoñente da intriga, resultan fundamentais no desenvolvemento da lectura, como […]

Unha nova novela histórica de Bernardino Graña

Se hai uns días dabamos conta da saída do prelo dunha nova obra infantil de Bernardino Graña, TRAGAXÁN E TRAGADIÑO desta volta anunciamos a publicación (xa está nas librerías galegas dende hai uns días) dun novo libro destinado ao público adulto e que leva por título A FUGA A EXIPTO. Na liña da novela historica, […]