Ecos na prensa galega polo pasamento de Sabino Torres

Onte dabamos conta do pasamento en Madrid, aos 91 anos de idade, de Sabino Torres, histórico editor galego que no ano 1949 botou a andar a xa mítica colección de poesía Benito Soto na que verían a luz, entre outros, os primeiros traballos de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, a prensa galega láiase pola perda e […]

Éxito na presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Tirán

Nun acto organizado pola Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración da Lonxa Literaria e da Asociación de Mulleres de Moaña, presentouse o pasado venres na Casa da Cultura de Tirán a novela de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA. Durante o mesmo, léronse fragmentos da obra mentres se proxectaron imaxes da zona. A autora […]

De novo o RUÍDO da guerra

Nos anos 90, Miguel Anxo Murado, xornalista, corresponsal de guerra, articulista e sobre todo, escritor, daba ao prelo RUÍDO. RELATOS DE GUERRA nos que se achegaba, dende a ficción, pero con palabras cheas da verdade de quen estaba alí para ver e contar, á guerra da antiga Iogolavia. Unha historia, como acontece con toda a […]

Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Tirán

Presentación de 'Coma unha áncora' de Iria Collazo López o venres 20 de maio ás 20:00h, na Casa da Cultura de Tirán. Organizado pola Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración da Lonxa Literaria e igual tamén da Asociación de Mulleres de Moaña, que lerá fragmentos da obra mentres se proxectan imaxes da zona. A […]

Lisboa: (Des)encontros galego/portugueses, conferencia de Mercedes Queixas sobre Manuel María: Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina

O Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova Lisboa (FCSH/NOVA) organiza o ciclo de eventos (Des)Encontros Galego-Portugueses que ten lugar en Lisboa durante os meses de marzo, abril e maio no local da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Estruturado en seis sesións monográficas, abordará temas […]

O día de Manuel María

Este martes celebraremos un dos días grandes do noso país, centrado este ano en Manuel María. O Día das Letras brillará especialmente este ano ao centrarse na figura dun dos autores que máis e mellor souberon sintonizar co pobo galego. É un dos máis musicados e presentes nas aulas do noso país. Un dos máis […]

Presentación de AS ANDANZAS DE PAIO en Vigo

O grupo OVIRAVAI presentará este sábado en Vigo o seu primeiro libro-disco, AS ANDANZAS DE PAIO. Será na Casa do Libro ás seis do serán. O grupo, que debuta así na colección Sonárbore, vén de gozar dun éxito enorme en Buenos Aires, onde a semana pasada presentaron este traballo musical, ofrécenos a historia (musical) de […]

O MEU PESADELO FAVORITO, Mellor Libro de LIX galego

O Teatro Principal de Santiago foi o lugar escollido pola AELG, AGE e a Federación de Libreiros para celebrar a primeira edición da Gala do Libro Galego e recoñecer os mellores traballos do ano pasado. A escritora María Solar recibiu o premio pola súa obra O MEU PESADELO FAVORITO na categoría de Mellor Libro Infantil […]