A Coruña acolle a III Semana da Música Infantil

A Federación de Librarías de Galicia, contando coa produción da Editorial Galaxia, pon en marcha por terceiro ano consecutivo a Semana da Música Infantil, que se desenvolverá entre os días 2 e 8 de agosto. Unha completa programación, inserida no seo da Feira do Libro da Coruña, na que se incluirán algunhas das mellores propostas […]
Literatura para todos os gustos e idades

A Feira do Libro de A Coruña celébrase do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez. Alá estará Galaxia presentando as súas novidades literarias, para todos os gustos e idades, dende o mesmo sábado día 1 ata o luns día 10. Achegámosvos o programa de actividades da editorial na Feira, para que […]
A ESMORGA en Xixón

Dende hai catro anos, na cidade asturiana de Xixón celébrase o Festival Arcu Atlántico, unha completa programación que reúne no mesmo espazo distintas artes e un mollo completísimo de actividades entre as que destacan, este ano, a proxección da película A ESMORGA (coproducida pola nosa editorial) e a presentación da versión en castelán da novela […]
A Buenos Aires dos galegos. Unha viaxe pola vitalidade da Galicia arxentina no século XXI

A Galicia de Buenos Aires é unha realidade. Non só una realidade histórica senón una realidade actual e viva. Contra 1914 a capital arxentina era a cidade galega máis grande do mundo, con máis de 150 mil habitantes censados desta procedencia. Axiña chegaría ata case o medio millón. Segundo os cálculos dos especialistas, entre as […]
Neira Vilas recibe a madalla de ouro de Galicia
"Sempre me considerei un xornaleiro das letras", declarou Xosé Neira Vilas no seu discurso: "Toda a miña obra esta dedicada a Galicia e escrita en lingua galega. Espero ser merecente da honra que se me fai e, se non o son, espero selo no resto de vida e de enerxía que me quede". Xunto co […]
Helena Villar Janeiro presentou o seu novo libro en Rianxo

Este domingo, e dentro dos actos da Feira do Libro de Rianxo, a escritora Helena Villar Janeiro presentou o seu novo libro, publicado por Galaxia na súa colección Árbore e ilustrado por Marifé Quesada, AS SEÑORAS COUSAS. A escritora estivo acompañada polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e polo editor do libro, Francisco Castro. A […]
Manuel Portas: "O amor segue a ser o nó central do que escribo"

O pasado mércores contra o mediodía coñecíase a identidade do gañador do Premio Manuel García Barros que auspicia o Concello da Estrada e que publica a Editorial Galaxia. Manuel Portas, coa súa novela titulada "Lourenço Xograr" facíase merecente do premio deste ano. Polo outono, a súa obra será publicada na nosa editorial na colección Literaria. […]
Galaxia na Feira do Libro de Rianxo

Esta fin de semana celébrase en Rianxo a Feira do Libro. Durante a mesma, a Editorial Galaxia presentará dúas das súas últimas novidades. Así, o 25 ás 20.30 h. o escritor Antonio Piñeiro presentará A IDENTIDADE FASCINADA acompañado por Manuel Cartea e Adolfo Muíños Sánchez. Ao día seguinte, domingo, Helena Villar Janeiro fará o mesmo […]