Tempos chegados?

O título recolle a pregunta presente no himno galego. 'Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza' reúne, baixo da edición de Arturo de Nieves e Carlos Taibo, traballos de Justo Beramendi, Joám Evans, José Antonio Portero e Xavier Vence. Un texto chamado a reflexionar sobre uns tempos, os de hoxe, convulsos no contexto planetario […]
Finou Luís Rei

Deixounos Luís Rei o día de San Lourenzo, así o escribiría el que tanto gustaba das haxiografías. Luís era bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados, pero era moito máis ca un funcionario, porque o amor e a entrega polo que facía nunca entendeu nel de horarios, nin de quendas, nin de vacacións, […]
Preparando o outono literario

As cociñas da editorial están a punto. En setembro e outubro haberá noticias. Excelentes noticias. A próxima novela de Xosé Neira Vilas, por exemplo: "O latexar da aldea", unha viaxe polo mundo rural noso, cunha técnica semellante á que no seu día o escritor de Gres empregou para "Remuíño de sombras" (1973), naquel caso centrada […]
Cales son as túas #lecturasdeveran?

O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama. Unha das cousas boas que ten a lectura […]
Fin de semana de música, libros e cine

Durante a Feira do Libro da Coruña que o vindeiro luns remata, a Editorial Galaxia tivo un protagonismo grande que vai completarse esta fin de semana, e o luns, con máis actos de presentacións de libros e concertos. Así pois, mañá sábado, e dentro dos actos da Semana da Música Infantil que a nosa editorial […]
Descarga de balde un relato do novo libro de Iván García Campos

Durante este mes de agosto, dende un banner activo na web da nosa Editorial, é posible descargar o primeiro relato do novo libro de Iván García Campos, 'Cuestións vitais secretas', un volume no que o autor bota luz sobre aspectos da realidade que, polo xeral, permanecen agochados á ollada normal das persoas. Un petisco para […]
Mercedes Queixas Zas

Toda viaxe encerra un camiño en permanente tránsito de experiencias, unha inquieta descuberta na procura do que a fotografía oficial non sempre retrata, unha volta á orixe para sempre que ten que ser reconstruída por nós, sen intermediacións, máis alá de álbumes familiares ou catálogos de intereseiro obxectivo turístico. É por iso que toda viaxe […]
A colección de silencios

O coleccionar non se atopa entre as miñas afeccións favoritas. Porén, faríame con gusto coleccionista de silencios. Sobre este estraño desvarío xa falou Heinrich Böll no seu relato A colección de silencios del Dr Murke. Murke gardaba anacos de cinta magnetofónica nunha lata. Nestes pequenos cachos estaban gravados os lugares onde os oradores facían unha […]