A colección Árbore chega ao número 200

Coa publicación de VIC E BOMBONA, de Sara Barreiro, a colección Árbore, na que se integran os libros destinados ao público infantil, chega ao seu número 200. Unha árbore, xa que logo, vizosa e chea de follas de papel coma froitos da imaxinación. A colección Árbore é un selo estratéxico xa non só no catálogo […]
No 125 aniversario da Gran Dama da Novela Negra

Tal día coma hoxe de hai 125 anos nacía Ágatha Cristie. A Editorial Galaxia ten dende hai anos no seu catálogo cinco das súas obras máis recoñecidas universalmente, entre outras, 'Asasinato no Orient Express' ou 'Dez negriños'. De feito, creamos a Biblioteca Ágatha Christie como adoitamos facer cos grandes clásicos da literatura. Ano tras ano, […]
O Otero Pedrayo universitario

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia o libro LEMBRANZAS DO MEU VIVIR II de Ramón Otero Pedrayo centrado nos tempos da universidade, en Madrid, entre os anos 1904 e 1912. Don Ramón, ademais de grande polígrafo e patriarca das letras galegas, foi un modelo de universitario, primeiro como estudante e, logo, como profesor. […]
Os pequenos da casa tamén van de festival

Malia que o verán está chegando á súa fin, aínda son moitas as citas festivas que restan en Galicia ata que comece formalmente o outono. Unha delas, o consolidado Festival de la Luz, que nesta súa cuarta edición continúa apostando polo incremento de actividades destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa. Entre elas, figuran […]
Chega ás librarías Vic e Bombona

Publicamos unha nova historia de aventuras para os nenos e nenas de dez anos en diante, unha incríble viaxe protagonizada pola cadela máis lista do mundo e un neno que é un pequeno desastre… ou non! Axiña chegará ás librarías Vic e Bombona, a primeira novela de Sara Barreiro (Poio, 1981). Licenciada en Ciencias Políticas […]
Mamá Cabra continua entre as preferencias da rapazada galega

Cando o grupo de música infantil Mamá Cabra desembarcou no catálogo de Galaxia xa eran unha das formacións máis importantes do país. Mais é innegable que coa publicación de 'Ola, ola, lá!' que estes días volvemos editar para poder satisfacer as demandas dos seus seareiros, supuxo un antes e despois na súa carreira. A acollida […]
As laranxas de Casares, sempre saborosas

Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, […]
Unha Esmorga que non remata

Dende o primeiro día no que saíu publicada, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor converteuse nun clásico. Para moitos, e semella algo incuestionable, estamos diante da mellor novela nunca escrita na nosa lingua. Quizais por iso, xeración tras xeración, milleiros de galegos e galegas volven cada ano os seus ollos cara esta obra que profunda […]