Adianto editorial: XAIME ISLA. RAÍZ E UTOPIA DE GALICIA

Nas ligazóns da dereita destas liñas poderás descargar de balde o Índice e o Prólogo do libro que acabamos de publicar, canda a Fundación Isla Couto do libro XAIME ISLA. RAÍZ E UTOPÍA DE GALICIA e que forma parte dos actos do centenario dun dos fundadores da nosa editorial. A fin de semana pasada inagurouse […]

Inaugurouse a exposición 'Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia'

No mes no que se cumpre o centenario do seu nacemento, a exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’ realiza un percorrido pola vida e a figura dun dos membros fundadores da Editorial Galaxia. Xunto coa exposición, o programa de actividades tamén inclúe outras iniciativas como a fotobiografía ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de […]

A Editorial Galaxia participa no programa VENRES NAS LIBRARÍAS

A nova edición do programa ‘Venres nas librarías’, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, […]

Presentación de O ÁLBUM DE GARRINCHA na Coruña

Presentarán o libro representantes da librería, acompañados polo fillo da autora, Nacho Pena Maceda, que fará un monólogo sobre fútbol , e por Sofia Gonzalez Pérez , xogadora no equipo de fútbol "CD Victoria". Xunto coa autora, celebraran un coloquio sobre a integración, o fútbol e os libros. Deste libro, o crítico literario Ramón Nicolás […]

Inauguración da exposición XAIME ISLA. RAÍZ E UTOPÍA DE GALICIA en Vigo

O venres, 2 de outubro, abrirá as súas portas ás 12 horas na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa, 2) a exposición "Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia", organizada pola Fundación Isla Couto coa colaboración da Editorial Galaxia, do Concello de Vigo e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de […]

Entrevista con Marcos Calveiro, gañador do Premio Repsol 2015

Aos poucos minutos de que onte o xurado dese a coñecer o nome de Marcos Calveiro como gañador do Premio Repsol de Narrativa Breve que publicará a nosa editorial pola súa obra FONTÁN, mantivemos unha breve e urxente conversa con el para coñecer as súas primeiras impresións logo de ter recibido este importante premio no […]

Presentación de Aqueles anos do Moncho en Compostela

A libraría Pedreira de Santiago de Compostela (rúa do Home Santo, 55) acolle este xoves, día 1 de outubro, ás 20h, a presentación da novela de Xosé Neira Vilas Aqueles anos do Moncho, que se incorpora á Biblioteca Neira Vilas de Editorial Galaxia xunto a outros títulos fundamentais da literatura galega como Memorias dun neno […]

Marcos Calveiro gaña o Premio Repsol de Narrativa

O escritor Marcos Calveiro obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, que se deu a coñecer hoxe na Coruña, cunha obra arredor da figura de Domingo Fontán, ilustrado galego, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. En "Fontán" xúntase a peripecia vital dun liberal galego que loitou polo espallamento das […]