Outono de traducións

Con Tras do solpor temos por primeira vez a oportunidade de ler en galego a obra dun dos grandes autores xaponeses contemporáneos, Haruki Murakami. En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non […]

Neira Cruz coordinará o Congreso IBBY do 2010 en Santiago

O director das coleccións infantís e xuvenís de Galaxia será tamén o encargado de presentar o 32º Congreso IBBY do 2010 en Santiago na actual edición que se está a celebrar nestes días en Copenhaguen. Este Congreso terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela en setembro de 2010 e acollerá […]

Alfredo Conde recibe o premio Civilta delle Minorance

Non é a primeira vez que Alfredo Conde obtén un premio literario en Italia. En 1990 a súa novela Xa vai o griffón no vento recibiu o Premio Cavour á mellor novela estranxeira, convocado pola Fundación Grinzane Cavour, unha das partes que creou agora o galardón de apoio ás minorías (Civilta delle Minorance) xunto coa […]

Nova novela de Paul Auster

Editorial Galaxia presenta a nova entrega dun dos autores contemporáneos con máis éxito de crítica e de lectores: Un home na escuridade, traducida por Eva Almazán, que se distribúe en lingua galega á par das outras linguas europeas. Novidade para o próximo outono. Paul Auster (New Jersey, 1947) enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha […]

Manuel Forcadela volve á poesía

Manuel Forcadela desenvolve en Música de cinza dúas temáticas ben diferenciadas. Por una banda, a musical, que tanto ten que ver coa forma dos poemas, nos que predomina o alexandrino e o heptasílabo, con algún que outro hendecasílabo, como coa poesía de raíz dionisíaca, en que van xurdindo os ditados dun mundo telúrico, como se […]

Libros para o verán

Nos catálogos de Editorial Galaxia, nesta mesma páxina web, tes unha ampla oferta de fondo histórico, clásicos e novidades: dende Otero Pedrayo a Castelao, Eduardo Blanco Amor, Ánxel Fole ou o sempre fascinante Álvaro Cunqueiro; dende Carlos Casares, Paco Martín e Xavier Alcalá a Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Domingo Villar, Caneiro ou Xosé Antonio […]

Novo libro de Luís González Tosar

Luís González Tosar iniciouse na poesía en 1986, co libro A caneiro cheo. Xa fora daquela unha revelación literaria. Posuidor dun poderoso alento, que semella alimentarse das raíces máis profundas da terra (Guimarás) e da memoria, a palabra poética amosaba xa entón unha persdonalidade e unha forza certamente senlleiras. Vintedous anos despois volve á poesía […]

Cartografías da cultura. Homenaxe a Xan Bouzada

Cadra o presente número coa recente concesión da Medalla de Ouro de Galicia a Editorial Galaxia e mais co nomeamento de Ramón Piñeiro como figura destacada do Día das Letras Galegas para o ano 2009. Ramón Piñeiro foi fundador de Galaxia e codirector de Grial, xunto con Francisco Fernández del Riego, dende 1963 a 1988. […]