Arantza Portabales presentou SOBREVIVINDO en Santiago

Onte presentouse na Librería Cronopios de Santiago a novela de Arantza Portabales, "Sobrevivindo". A autora estivo acompañada polo delegado de La Voz de Galicia (xornal convocante do premio de Novela por Entregas que mereceu esta obra), Ignacio Carballo, e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Acudiu tamén o ilustrador Juan Carlos Abraldes. No […]

Presentación da novela de Xosé María Álvarez Cáccamo en Santiago

"As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo presentarase o 26 de novembro en Cronopios de Santiago. Ademais do autor, intervirán o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o escritor Xosé Manuel Trigo. En Santiago, o ata o de agora poeta, e dende xa tamén novelista, Xosé María Álvarez Cáccamo presentará a súa […]

Presentación de FONTÁN en Vigo

O escritor Marcos Calveiro, presentará a súa nova novela FONTÁN, Premio Repsol de Novela 2015, acompañado polo dramaturgo Rubén Ruibal e do director literario de Galaxia, Carlos Lema. No barrio de Teis, en Vigo, presentarase esta novela biográfica de corte histórico que percorre a vida de Domingo Fontán, autor do primeiro mapa topográfico e científico […]

Unha historia de intriga e crime na era da telerrealidade

Arantza Portabales presenta a súa novela Sobrevivindo, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2015 este mércores día 25 ás 20h na librería Cronopios de Compostela. Estará acompañada polo escritor e xornalista César Casal e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Trátase dunha historia de intriga, cun ritmo áxil que […]

Uxía e Magín Blanco reinterpretan a obra do poeta Manuel María en CANTA O CUCO

Está a piques de chegar ás librarías galegas un novo traballo da colección Sonárbore, destinada a achegar a produción musical -de calidade- aos pequenos e pequenas da casa. Nesta ocasión, dous grandes como Uxía e Magín Blanco, poñen en común o seu talento para renderlle unha sentida homenaxe ao poeta lugués Manuel María, a quen […]

COMA UNHA ÁNCORA presentouse en Barro

Era a cuarta presentación desta novela e, como nas anteriores, as expectativas non defraudaron. A pesar de ser sábado e a pesar de que na televisión xogaban o Real Madrid e o Barcelona, e logo o Deportivo e o Celta, a Biblioteca Municipal de Barro encheuse de público, co seu alcalde á cabeza, para arroupar […]

Manuel Portas recibe o Premio García Barros

Así definiu o director de Galaxia a novela de Manuel Portas, "Lourenço. xograr". que o pasado venres recibiu na vila de A Estrada o Premio García Barros na súa 27 edición. "Unha novela que nos introduce nun universo extraordinariamente rico e, non obstante, pouco transitado polos nosos narradores contemporáneos: os cancioneiros medievais, xograres e trovadores […]

O material de Carme Kruckenberg chega á Fundación Penzol

Onte, nun acto celebrado na Fundación Penzol, trinta carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de María do Carme Kruckenberg Sanjurjo foron doados pola súa filla, finada o pasado 16 de maio, material que vai estar a disposición do público para o seu coñecemento e estudo.. Cristina Pusone Kruckenberg asinou na sede da fundación a acta […]