Un selo de correos homenaxe a Blanco Amor

A Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense vén de poñer en marcha unha fermosa iniciativa, inicialmente apoiada pola Depitación Provincial de Ourense. Trátase de solicitar a emisión dun selo de correos dedicado a Eduardo Blanco Amor co gallo do cincuentenario da edición de "A esmorga". Este tipo de emisión é regulada pola resolución […]
50 anos de "A Esmorga"

Aínda hoxe "A Esmorga" sorprende. Por como está escrita. Pola súa estrutura interna. Pola voz dos personaxes, incluso dos que non teñen voz. Pola temática escollida. Polo xeito de amosar un mundo, un universo, as almas e as vidas. Literatura con L grande. Un clásico. Hai unanimidade ao respecto desta obra. Poderemos elaborar todas as […]
Galaxia na Feira de Bolonia 2009

Un ano máis o sector editorial galego viaxou entre o 23 e o 26 de marzo á Feira do Libro Infantil de Bolonia, a máis importante do mundo neste ámbito, para presentar os seus proxectos. Dentro do coidado stand galego, a editorial Galaxia incrementou nesta ocasión a súa presenza ao contar cun espazo propio no […]
Crecemento de Galaxia e Merlín Comunicación

A Editorial Galaxia e Merlín Comunicación pecharon o ano 2008 cun crecemento en volume de negocio dun 9% respecto do ano anterior. O volume xeral da facturación neta foi ese ano de 2.131.070 euros, cifra que a PVP ascende a 2.883.028 euros. Os consellos de administración de Editorial Galaxia e Merlín Comunicación reuníronse o pasado […]
"La Habana Flash": crónica cubana e galega

"La Habana Flash" foi un libro que, cando saiu orixinariamente do prelo de Galaxia, no ano 1998, xa chamou poderosamente a atención pola actualidade dos debates que propuña. Con aquel texto, Alcalá ofrecíanos, desde a súa persoal ollada un relato no que quixo darlle voz a algúns dos moitos galegos que aínda seguen vencellados en […]
Os Maios. San Xoán. Preparando as festas da luz

Estes días chegarán ás librerías dous novos títulos da colección "Pimpín, por aquí non vin", serie de libros-acordión ilustrados por Jacobo Fernández e que trala publicación de "O nadal", "O samaín" e "O magosto", pretenden achegar dun xeito lúdico e interactivo as nosas tradicións aos máis pequechos da casa. Nesta ocasión chegan "Os Maios" e […]
As laranxas seguen sendo as máis laranxas

Estes días chega de novo ás librerías de Galicia "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", obra de teatro de Carlos Casares nunha nova edición en Árbore Laranxa coas clásicas e vistosas ilustracións de Luís Seoane. Este libro, editado por primeira vez en 1973 é con diferenza a obra de literatura dramática para cativos […]
Unha boa colleita editorial

Un ano máis e como xa é tradicional, a Asociación de Escritores en Lingua Galega deu a coñecer o nome dos autores, autoras e títulos finalistas como mellores libros do ano. A nosa editorial opta con nove candidaturas a moitos dos premios. Así, Miguel Anxo Murado por "Fin de século en Palestina" e Xan Fraga […]