Unha boa colleita editorial

Categoría: Nova

Un ano máis e como xa é tradicional, a Asociación de Escritores en Lingua Galega deu a coñecer o nome dos autores, autoras e títulos finalistas como mellores libros do ano. A nosa editorial opta con nove candidaturas a moitos dos premios.

Así, Miguel Anxo Murado por "Fin de século en Palestina" e Xan Fraga por "Miro Casabella e a nova canción galega" están nominados no apartado de Ensaio. En Tradución, Gonzalo Navaza por "As flores do mal" de Charles Baudelaire e Eva Almazán por "Un home na escuridade" de Paul Auster. No que a Narrativa se refire, "A choiva do mundo" de Xosé Manuel Pacho Blanco, "A verdade como mal menor" de Xosé L. Martínez Pereiro, "Costa Norte/ZFK" de Xurxo Borrazás, "Memoria de cidades sen luz", de Inma López Silva e "Shakespeare destilado" de Xesús Constela, sométense agora ás votacións dos membros da Asociación de Escritores para facerse co galardón.

Xa que logo, unha moi boa colleita a do ano 2008.

Compartir na redes sociais: