Poesía sobre a poesía

Coincidindo coa presentación do libro de Antonio García Teijeiro, 'A poesía necesaria' hai dúas semanas, dous dos participantes, os escritores David Otero e Alicia Borrás, recitaron senllos poemas que, dende o noso blog, hoxe ofrecemos para o goce de todos. Poesía necesaria. Todos os días. Para mellorar a saúde en outono.
Bolboleta sira-nia nanál

Se hai unhas semanas celebrabamos que o relato inserido en 'Que me queres, amor?' (Galaxia, 1995), e que tamén é libro de seu na nosa fala e noutras, 'A lingua das bolboretas', aparecía en bretón, hoxe marabillámonos pola saída deste texto en tetún, unha das linguas oficiais en Timor Leste. Baixo do título de 'Bolboleta […]
Pierre Michon, Gran Premio da Academia Francesa

O escritor Pierre Michon, un dos escritores xa míticos da narrativa francesa actual, acaba de ser galardoado co gran premio de novela da Academia Francesa pola súa nova novela 'Os once', que Editorial Galaxia porá á venda a mediados do próximo mes de novembro dentro da colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que conta co […]
É tempo de Samaín

Son moitos os que celebran o Halloween no noso país, unha festa que nos chegou, no esencial, a través dos telefilmes norteamericanos. Discotecas, parques temáticos e bares centran as noites desta fin de semana a súa oferta de ocio na famosa festa globalizada polo poder da imaxe estadounidense. Sen embargo, dende hai uns anos, colectivos […]
'O momento é crítico para o galego'

Hoxe, ás 20 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, Henrique Monteagudo presenta o seu novo libro 'As razóns do galego. Apelo á cidadanía'. No acto estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Hermida, delegado de El País en Galicia. Co gallo desta presentación, mantivemos unha interesante entrevista co autor […]
Borrador do galego

Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante […]
Homenaxe na vila de Fisterra

Paso triste e silandeira as páxinas do xornal. Traxedia en Haití, Folga … Reparo na homenaxe que Fisterra lles rendeu aos que perderon a vida no mar, coincidindo co 50 aniversario do afundimento do Bonito. Aqueles once tripulantes nunca apareceron. No acto, amais de bágoas de dor, houbo funeral, cánticos, palabras emotivas, relación nominal das […]
Agora é cando, Galicia é onde

O son dun saxo a bater contra a pedra. E por cada golpe unha nota. E en cada nota unha rapaza que mira directamente aos ollos dun home alto e forte que suxeita nas mans un lanza pelotas de goma. Agora é cando. É sábado. 16 de xaneiro. Son as cinco da tarde. El ten […]