A esmorga de traducir ao galego

Estou a piques de dar remate a tradución de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Vaise publicar na editorial galesa, Planet, berce das versións en inglés dunha escolma de contos de X.L. Méndez Ferrín, das Cousas de Castelao, e do Vento Ferido de Casares. Coma sempre, a experiencia de traducir un libro galego visibiliza as […]

Mentres que agardaba

Mentres que agardaba, escollín do andel un libro. Era un tomo elixido ao chou dunha antiga enciclopedia de arte. Decidín percorrela visualmente coma quen bota a andar devagariño por unha rúa ateigada de escaparates. Detívenme na páxina 279, seducido por unha obra de Millet, concretamente a que reproducía “A queima da restreba”. Sempre tiven especial […]

Ensimesmados e acomplexados

Hai un par de semanas o Conselleiro de Cultura falou dunha Cultura Galega “ensimesmada e acomplexada”. Foron unhas declaracións pouco afortunadas, que feriron moitas susceptibilidades pero que ademáis, son erróneas. E son erróneas porque afirma algo imposible. Do mesmo xeito que ninguén pode dicir que a auga do mar é seca, tampouco se poden atribuír […]

Un libro prohibido

Seguramente un dos mellores xeitos de animar á lectura é prohibir libros. Falo por experiencia. Na miña casa había unha boa biblioteca e lía todo o mundo, mesmo os que non o sabían facer. Porque nas longas tardes de verán, mentres se cosía ou se lle pasaba o ferro á roupa, meu pai ou unha […]

Castelao homenaxeado na Arxentina

Moito máis aló do tópico de que a quinta provincia galega está en Bos Aires, é ben certo a memoria de Castelao e do galeguismo, que se mantivo ben viva durante os peores anos do franquismo na capital arxentina, segue hoxe coma lume aceso, tanto tempo despois. Daquela, e coincidindo coa conmemoración dos 60 anos […]

AS NOVELAS DA MEMORIA en Gondomar

Hoxe, ás 20.30 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar, John Thompson presenta o seu ensaio 'As novelas da memoria'. Estará acompañado por Xosé Lois Vilar, subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, e Carlos Lema, director de edicións de Galaxia. Nesta obra, o autor fainos ver como a través das novelas pódese experimentar […]

Rodríguez Baixeras, premio Caixanova de poesía

O escritor Xabier Rodríguez Baixeras gañou onte a oitava edición do Premio de Poesía Caixanova pola súa obra «Deserto diamantino», presentada ao certame baixo o lema «Areoura». O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro P.E.N. de Galicia que preside o poeta Luis G. Tosar, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase […]

A 'Roseira dos Recordos' en Vigo

Coincidindo co medio século do pasamento do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador da D. O. Rías Baixas e o Concello de Vigo inauguraron onte na Casa Galega da Cultura esta exposición que percorre a figura e a […]