Xesús Alonso Montero recibe 'O Facho de Ouro'

A Directiva da Agrupación Cultural "O Facho", da Coruña, acordou outorgar O Facho de Ouro ao "profesor e home de ben", segundo din na acta do galardón, a don Xesús Alonso Montero, como testemuña e recoñecimento á sua longa traxectoria na defensa da dignidade e da cultura do país galego. A entrega do premio terá […]

Sarah Waters en Compostela

A escritora galesa Sarah Waters recolle esta tarde en Compostela o Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008, pola súa obra 'A rolda nocturna', que vén de ser publicada por Galaxia coa colaboración da Concellería de Cultura do concello compostelano. A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos […]

Chuquelo e Punver: ¡flis-fli-ris-flás!

'Os oficios de Chuquelo', de Pinto & Chinto, 'Punver de volta', de Yolanda Castaño, e 'Flis-fli-ris-flás', de Araceli Gonda, son os tres novos títulos que a nosa editorial publica na colección 'Os Duros'. Pinto & Chinto, autores ben coñecidos polo seu labor diario en La Voz de Galicia, contan a historia de Chuquelo, un can […]

Presentación dos últimos títulos da Biblioteca Compostela

Será hoxe, ás 11.30, no Salón Verde do Concello de Santiago cando se presentarán os novos títulos da Biblioteca Compostela. No acto participarán a concelleira de cultura de Santiago de Compostela, Socorro García Conde, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de edicións, Carlos Lema. Este ano os títulos a presentar […]

Méndez Ferrín, novo presidente da RAG

"A Academia é un suxeito colectivo, constituído por fortes indivualidades", declarou Méndez Ferrín diante dos xornalistas, logo de tomar posesión do cargo. "A Nosa vocación é o traballo, en silencio, con humildade, mais tamén sendo inflexibles no patriotismo e na defensa da nosa lingua". Vintetrés académicos emitiron o seu voto (un deles por correo): vinte […]

Editorial Galaxia cumpre 60 anos

Non haberá grandes fastos. Con austeridade, con humildade, sabendo que a historia e a credibilidade gáñanse todos os días dende o traballo e a coherencia das propostas que se fan, Editorial Galaxia afírmase como a editora veterana do sistema editorial e cultural galego. Sesenta anos de traballo, case que 2000 títulos de catálogo histórico, 1000 […]

A RAG crítica o Decreto de Plurilingüismo

Cando dúas persoas que camiñan xuntas se perden de vista, o mellor é volver ao último lugar onde volveron estar xuntas. Ese lugar é, segundo a RAG, o Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia. "Non hai razón para ir máis atrás porque sería renegar daquel día e […]

Un circo

Ábrese o telón. Un “opinólogo” dun programa televisivo chámalle “guarra”, “puerca” e “zorra repugnante” á conselleira de sanidade catalana. Todo isto aderezado cunha comparación da situación da moralidade en materia sexual de hoxe en día coa sodomización de menores. O mestre de cerimonias está entusiasmado. O escenario fede a vertedeiro machista, a resentimento e intolerancia. […]