Será hoxe, ás 11.30, no Salón Verde do Concello de Santiago cando se presentarán os novos títulos da Biblioteca Compostela. No acto participarán a concelleira de cultura de Santiago de Compostela, Socorro García Conde, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de edicións, Carlos Lema.
Este ano os títulos a presentar representan unha mostra máis que excelsa da mellor literatura mundial: 'A fama', de Daniel Kehlmann, 'Neve', de Orhan Pamuk, 'Os once', de Pierre Michon e 'A rolda nocturna', de Sarah Waters.
Unha colección da que nos sentimos especialmente orgullosos e que estamos certos contribúe a facer do noso sistema editorial e literario un lugar máis normalizado e fecundo.
Agora, a voz, e as palabras, téñena os lectores.