Xesús Alonso Montero recibe 'O Facho de Ouro'

Categoría: Nova

A Directiva da Agrupación Cultural "O Facho", da Coruña, acordou outorgar O Facho de Ouro ao "profesor e home de ben", segundo din na acta do galardón, a don Xesús Alonso Montero, como testemuña e recoñecimento á sua longa traxectoria na defensa da dignidade e da cultura do país galego.
A entrega do premio terá lugar nun acto cívico que será acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará o sábado, día 30 de Xaneiro, as 21 horas no Hotel Riazor da Coruña.
Membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura, sociolingüísta e poeta, Alonso Montero é autor dunha ampla obra escrita. Recentemente publicou na nosa editorial o libro 'Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega'.

Compartir na redes sociais: