50 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO
O Concello da Estrada organiza este acto conmemorativo do 50 aniversario da publicación de 'Memorias dun neno labrego', no que contarán coa presenza de Xosé Neira Vilas. Esta novela vén de ser publicada de novo, nunha nova edición, pola nosa editorial, comezando así a Biblioteca Neira Vilas, dedicada ao escritor de Gres, único autor vivo […]
Remata o ano Novoneyra

Nesta semana botaremos o peche ao ano Novoneyra, poeta a quen este ano dedicamos o Día das Letras Galegas. Con este motivo, na nosa editorial viron a luz unha serie de traballos que deben seguir vivos rematada a efeméride, porque a poesía de Novoneyra é grande por si mesma e sostense de seu no tempo. […]
'Contoplanet' recibe dous premios EGANET

Onte foi un día especialmente feliz no seo da Editorial Galaxia, pois durante a entrega dos Premios EGANET que celebran a excelencia no traballo na realización de produtos no ámbito das novas tecnoloxías, non só recibimos o galardón na categoría na que estabamos nominados senón que, ademais, e para sorpresa nosa, entregóusenos outro de carácter […]
Ramón Máiz, Premio Ramón Piñeiro 2010

A obra A ARTE DO IMPOSIBLE, da que é autor Ramón Máiz Suárez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. […]
A "Obediencia" de Antón Lopo

O acto terá lugar mañá mércores, ás 20:00 h, na librería Couceiro, e o autor estará acompañado na mesa por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e a escritora Anxos Sumai. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística obtivo o galardón por […]
Presentación de PEL CON PEL

Este venres, ás 17.30 horas, na Casa das Mulleres de Vigo da Rúa Romil, presentarase o libro 'Pel con pel' que recolle as mellores fotos sobre a lactación materna presentados ao II Concurso sobre esa temática convocado por FEDEGALMA e a nosa editorial. No acto participarán dous dos poetas que tamén participan no libro: Ledicia […]
Unha homenaxe ben merecida

A escritora Gloria Sánchez, da que temos en catálogo 'Rato Pincho' e 'Teatro feroz', e autora tamén do conto que serpentea curioso a través do libro-disco de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', será a autora homenaxeada no vindeiro Salón do Libro de Pontevedra. Baixo do lema 'É mentira', celebrarase entre o 6 de febreiro e […]
Kriseiluaren argipean

A obra de Ánxel Fole, 'Á lus do candil' vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal. Sen dúbida, é unha escolla máis que axeitada a da editorial vasca na medida en que, como levamos décadas defendendo, a nosa literatura é universal […]