Adeus a Marcos Valcárcel

Esta ponte tinguiuse de tristura co pasamento do historiador e intelectual galeguista Marcos Valcárcel. Despois dunha longa enfermidade deixábanos o pasado domingo. Centos de amigos sumáronse aos actos de homenaxe que serviron de despedida a un home que fixo de Galicia bandeira, e da defensa da súa lingua e cultura, motivo de estudo e existencia. […]
Entrega do Premio García Barros a Antón Lopo

Para este venres está prevista a entrega do Premio García Barros ao escritor Antón Lopo pola novela 'Obediencia'. O acto celebrarase ás 20 horas no Teatro Principal da Estrada. De 'Obediencia' o xurado destacou "a imaxinación creadora e a habilidade para construir unha historia nese futuro hipotético, usando a linguaxe das matemáticas, do cinema de […]
Xa se pode descargar (e de balde) 'Puag que noxo!' para iPhone e iPad

Dende as primeiras horas do venres xa é posible descargar dende a tenda de Apple Store a aplicación que, dentro do proxecto Contoplanet (froito da alianza entre Galaxia, Perro Verde e Milrayas) preparamos arredor do libro de Fina Casalderrey e Andrés Meixide, Puag que noxo! O conto pode descargarse de balde para comezar a ler […]
Fundación Penzol e Editorial Galaxia convocan a homenaxe civil a Francisco Fernández del Riego

O pasado día 7 cumpriría 98 anos. Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), unha das figuras máis sobranceiras da cultura galega do último século, será homenaxeado esta tarde polas dúas institucións ás que dedicou grande parte da súa vida: a Fundación Penzol, que dirixiu ata poucos meses antes do seu falecemento, e a Editorial […]
Un libro fóra da correción e da mesura

Na colección Dombate de Poesía vimos de publicar o novo poemario de Ana Romaní, 'Estremas'. Con este motivo, mantivemos unha conversa que reproducimos de contado. PREGUNTA: Sen rodeos, hai neste mundo sitio para os poetas? RESPOSTA: Hainos que atopan o seu sitio neste mundo, hainos que buscan outros mundos e hainos que máis que sitio […]
Mañá en Vigo, homenaxe a Francisco Fernández del Riego

O día 7 de xaneiro Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) cumpriría 98 anos. A Fundación Penzol e Editorial Galaxia preparan unha homenaxe civil que terá lugar o venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, no Centro Social Novacaixagalicia, dedicada a quen foi un dos seus fundadores, figura sobranceira do galeguismo. A idea dos […]
Galaxia publica 1Q84, a nova novela de Murakami

Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. En xaponés, a letra […]
'A rosa do viño', Premio Gourmand World Cookbook Awards 2010

O libro 'A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia', de Xavier Castro, vén de ser recoñecido co presitixioso Gourmand World Cookbook Awards 2010 como mellor libro en galego do ano. Agora, competirá na categoría "GOURMAND BEST IN THE WORLD" que, como o seu propio nome indica, pode convertelo no mellor libro do mundo […]