Kriseiluaren argipean

Categoría: Nova

A obra de Ánxel Fole, 'Á lus do candil' vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal.
Sen dúbida, é unha escolla máis que axeitada a da editorial vasca na medida en que, como levamos décadas defendendo, a nosa literatura é universal de seu. En galego pero para o mundo enteiro.
'Á lus don candil' é o texto máis senlleiro da produción de Fole e no que o autor lugués foi quen de unir a tradición oral galega coa modernidade literaria.
Unha boa nova para a literatura galega, como dicimos, de cada día máis universal.

Compartir na redes sociais: