ABRAPALABRA! na Feira do Libro de Ferrol

Dentro da programación da Feira do Libro de Ferrol -que se celebra ata este domingo no Cantón de Molíns- terá lugar esta actividade para os pequenos da casa arredor deste libro máxico que é ABRAPALABRA!. ABRAPALABRA! é un dos libros máis estraños (por divertido, por curioso, por xeitoso), de todos cantos teñas vistos na vida. […]

Ultramarinos

Hai uns meses que mudei de barrio, con todo o que carrexa isto: caras novas, horarios, cambios na paisaxe, sons e ruídos diferentes. Todo se modifica cando te desprazas uns metros… tamén os paseos cambian, e as distancias. Os camiños inzan de nova e suxestiva toponimia: Almorfe, Buzaxe, Cardosteo e que viva o rotacismo! O […]

50 cabodano de A. Iglesia Alvariño

No centenario de Cunqueiro hai sitio para lembrar o 50 cabodano dun seu camarada do período republicano, Aquilino Iglesia Alvariño. Xuntos participaron naquelas argalladas da Oficiña Lírica do Leste Galego, que Rodríguez Fer definiu como “Factoría vangardista”, ou coincidiron en Resol e Yunque. Neses anos de luz que espreitaba Atila, tamén tomou compromiso: militou no […]

Memoria dos afectos

O recordo une vidas que o azar ensambla en lealdade, en días que a nostalxia traza a xeito de tic-tac persistente. Se acaso, foi o roce das amizades na escola moi cálido, con momentos sinónimo de busca e preguntas que tiñan un aquel de audacia: o por qué do incendio do sol e das estrelas, […]

Mil xeitos de ler

Como a calquera persoa que escribe e publica a pregunta aparece unha e outra vez: como comezaches a escribir? Eu sempre contesto cun único xerundio: lendo. Mais hai uns días, impartindo un curso a profesorado en Pontevedra sobre escrita, caín na conta de que a resposta era algo máis complexa porque ler pode facerse de […]

Torrente e o Zigzag Diario

O ultimo produto de Santiago Segura, Torrente 4, arrasa. A película conseguiu en tres días a mesma recadación que todo o cine español no 2010, pulverizou os records de billeteira e cubriu custes. No elenco hai figuras famosas da pequena pantalla, non da grande, frikis televisivos como Belén Esteban e Paquirrín. Cando un mundo de […]

Francisco Castro, elixido presidente de GALIX

O escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, responsable da Edición de Infantil e Xuvenil na editorial, Francisco Castro, foi elixido novo presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que até agora presidía Manuel Figueiras. É o resultado da ­asemblea xeral de socios que tivo lugar esta fin de semana, […]

Tres novos títulos da Biblioteca Compostela

A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina a concellería de Cultura de Santiago de Compostela xa conta con tres novos títulos. No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de Raxoi, estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García Conde, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e […]