Francisco Castro, elixido presidente de GALIX

Categoría: Nova

O escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, responsable da Edición de Infantil e Xuvenil na editorial, Francisco Castro, foi elixido novo presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que até agora presidía Manuel Figueiras.
É o resultado da ­asemblea xeral de socios que tivo lugar esta fin de semana, na que tamén se elixiu a Ánxela Gracián como vicepresidenta primeira, Montse Pena, secretaria e Ledicia Costas como tesoureira.
Durante as vindeiras semanas irase constituíndo o resto do Consello Directivo que terá que desenvolver o seu proxecto durante os próximos dous anos, para "seguir colaborando no prestixio e visibilización do traballo dos escritores, ilustradores, bibliotecarios, tradutores", segundo informan nunha nota dende a Asociación.
Con este nomeamento, Gálix inicia unha nova etapa que pretenderá alicerzar o xa conseguido pola anterior directiva ao tempo que insistirá no desenvolvemento de novos planos de futuro que potencien a LIX galega.

Compartir na redes sociais: