'Sempre en Galiza' sempre

Tal día coma onte, hai 66 anos, publicábase en Buenos Aires, a obra referencial do galeguismo, 'Sempre en Galiza' de Castelao. A pesar de que, debido ás circunstancias políticas, tivo que publicarse no exilio, e a pesar de que chegou á terra dun xeito clandestino, a obra de Castelao sempre estivo en Galicia e hoxe, […]
Medran os títulos en galego

Hoxe a prensa faise eco de dúas novas que convidan á esperanza e que subliñan o que dende hai moito tempo andamos a manter, como é que a cultura galega ten un pulo económico, ademais de simbólico, que convén ter presente e nunca perder de vista. Entre outras cousas, hoxe sabemos que o número de […]
Catro historias de emigrantes

"Existe outra Galicia fóra de Galicia". Manuel Losa recolle a memoria de catro protagonistas da Galicia de Montevideo (Catro historias de emigrantes, colección Memoria) e presentounos na Galicia de Bos Aires, na Federación de Sociedades Galegas da rúa Chacabuco, un dos grandes centros históricos da colectividade na Arxentina. Presidiu o acto o presidente da Federación, […]
Homenaxe a Rosalía de Castro en Bos Aires

Os versos de Rosalía alumeaban as árbores da praza. A artista plástica Luz Darriba fixo unha montaxe arredor da poeta galega e a súa obra, no marco do Día Internacional do Libro (23 de abril) nun dos corazóns literarios da capital arxentina, a praza do Lector, diante da Biblioteca Nacional. Ao acto asistiron editores, libreiros […]
Autores de Galaxia en Bos Aires

A Feira do Libro de Bos Aires é un dos grandes eventos editoriais do continente americano, que este ano volveu contar coa presenza de libros, editores e autores galegos, entre eles Editorial Galaxia. No stand da Asociación Galega de Editores, a Xunta de Galicia e o Instituto Arxentino da Cultura Galega celebrouse o pasado venres, […]
Cociñar sen lactosa. Cociñar para todos

Estes días ven de chegar ás librerías de toda Galicia o libro de receitas de Emma Cavallé, 'Que fácil é cociñar sen lactosa. 84 receitas para alérxicos ás proteinas do leite e con intolerancia á lactosa'. En realidade, estamos diante dun receitario cunha dobre finalidade: por unha banda, demostrar que é posible facer unha cantidade […]
Novo premio para 'A praia dos afogados'

Onte soubemos que o premio Losada Diéguez, no seu apartado de Creación Literaria recaeu na novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos. Os integrantes do xurado valoraron da novela de Villar 'a súa excelente construcción narrativa, […]
Comezan as Feiras do Libro

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, presentoron onte en rolda de prensa o calendario das dez Feiras do Libro de Galicia para este ano 2010. Dá comezo así a tempada de feiras ou, o que é o mesmo, iníciase unha das máis […]