Presentación de IN VINO VERITAS de Francisco Castro

O escritor Francisco Castro presenta a súa nova novela, 'In vino veritas'. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e polo músico Anxo Pintos. A novela, que o autor de Spam califica de 'furiosa', desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os […]

Inauguración en Ourense de NO NIÑO NOVO DO VENTO

Editorial Galaxia, Fundación Penzol, Deputación de Ourense e Consellería de Cultura da Xunta de Galicia presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En […]

Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Como todos os anos, e como en todas as Feiras do Libro, a nosa editorial terá unha presenza importante no conxunto dos actos que se desenvolverán na Alameda viguesa a partir de mañá. Velaquí deixamos constancia dos actos previstos para esta festa literaria. – Venres 1 de xullo, ás 20:30 h, presentación de COCIÑANDO AO […]

Presentación de COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA

Despois da presentación hai unhas semanas en Santiago, chega a Vigo 'Cociñando ao pé da letra'. Será na xornada inaugural da Feira do Libro, coa presenza de Yolanda Castaño, coordinadora literaria do proxecto, a fotógrafa Andrea Costas e o editor Francisco Castro. No acto participarán tamén dous dos escritores-cociñeiros que participaron no libro, Xosé María […]

Brasil no centro

Volve á actualidade literaria un dos nosos poetas máis importantes. Con Brasil no centro, Xabier Rodríguez Baixeras convirte en material literario as súas vivenzas iniciadas en Salvador de Baía, cidade visitada por primeira vez no 2006 e que vai deixarlle unha pegada esencial para sempre. Estamos diante dun diario, en prosa, dun autor que ten […]

A vida fóra

Despois da publicación de 'Se algún día esta muller morta', merecente do Premio Repsol no 2006, volve ás librerías Miguel Sande coa publicación de 'A vida fóra' dentro da histórica colección Illa Nova. Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel […]

Un enlace brusco e gustoso

O poeta participou tamén en 'Cociñando ao pé da letra'. Atreveuse cun bonito de perfecto gourmet que vos deixamos aquí. BONITO AO FORNO CON CAPONATA bonito ao forno (para 6 persoas) 2 quilos de bonito 1 quilo de patacas allo machucado pirixel viño branco (a discreción) xamón (a discreción) chourizo (a discreción) aceite 2 cebolas […]

Desaparece a edición impresa de "Galicia hoxe"

Non son boas noticias. Dun tempo para acó as empresas xornalísticas e de comunicación que viñan mantendo viva a lingua galega están a cerrar as portas, polo menos no que se refire a medios impresos. Quédanos a web, a rede, o ciberespazo, que empeza a ser un refuxio, agocho para resistir, agardando mellores tempos. O […]