So aquestas abelaneiras floridas

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra', o escritor Xabier P. Docampo preparou un Peixe Sapo en prebe de abelás e viño albariño. Deixámosvos a receita aquí. Ingredientes para catro persoas: 5 peixes sapo pequenos, pero tampouco moito (sen cabeza) 2 ovos de galiña Fariña de trigo ½ quilo de abelás ½ litro de […]
Segunda edición para 'Lume de cobiza'

A novela de Miguel Anxo Fernández, 'Lume de cobiza', cuarta entrega do detective Frank Soutelo, esgotou en só dous meses a súa primeira edición, polo que a nosa editorial vén de facer unha segunda, xa nas librerías. A novela será adaptada nos próximos meses ao cine da man do director Ángel de la Cruz, quen […]
ÁRTICO 2.0 na Feira do Libro de Vigo

Publicado por primeira vez a fins de 1990, con el o autor de 'Os ciclos do bambú' obtivo o Premio da Crítica española. Esta nova edición, coa que se celebran os vinte anos do debut literario de Queipo, convida a unha nova lectura dun dos títulos que iniciaron a renovación da narrativa galega na última […]
Booktrailer de 'Vou ter un irmán'

Hai uns días informabamos da chegada ás librerías dun curioso álbum, escrito por María Solar e ilustrado por Xosé Tomás e que titulamos 'Vou ter un irmán!!!", un texto divertidísimo no que a autora nos conta a historia dunha cativa que vai ser sacudida por un acontecemento familiar inagardado como é a chegada dun irmán. […]
Escaparate literario de obras galegas en Italia

Damos comezo á nova tempada literaria facéndonos eco dunha boa nova que nos chega dende Italia e que supón un apoio importante para a visibilidade da nosa literatura. A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes […]
Un mural para Neira Vilas

Será mañá, na Biblioteca Anxel Casal e dentro dos actos de homenaxe ao autor, hai medio século xa, de 'Memorias dun neno labrego', Xosé Neira Vilas, cando se inaugure un mural dedicado a el e a súa obra e no que participaron nenos entre 4 e 11 anos e que acompañará á exposición titulada 'Querido […]
Álbumes para afrontar os cambios

Xa están nas librerías de todo o país os dous novos álbumes ilustrados que veñen de sair do noso prelo. Por unha banda, publicamos o libro da xornalista e escritora María Solar, 'Vou ter un irmán!', ilustrado por Xosé Tomás e, por outro, o novo de Araceli Gonda, 'Area fai seis', coas ilustracións de María […]
Libros dixitais en galego

A edición dixital en galego segue avanzando. Editorial Galaxia puxo no mercado nos últimos meses case un cento de títulos, clásicos e contemporáneos, para a descarga dixital. Unha parte moi importante do crecemento da oferta editorial do ano 2010 (un 28,6 % máis ca no ano anterior) débese a esta iniciativa da nosa editora, que […]