Presentación do GRIAL 193: Valentín Paz-Andrade, Isaac Díaz Pardo, emprendedores

Este xoves presentamos un novo número da Revista GRIAL. Será na Casa Galega da Cultura de Vigo nun número dedicado ás figuras de dous dos emprendedores que máis teñen feito polo desenvolvemento, dende o raíz mesmo do galego, do noso país: Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz-Andrade. No acto participarán o codirector da revista e […]
Editorial Galaxia, premio Mestre Mateo

O sábado pola noite celebrouse no auditorio do Palexco da Coruña a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2011. A editorial Galaxia, xunto a Moombite, Ánxeles Abelleira e o Instituto Galego de Consumo, estaban nominados na categoría de Mellor Obra Interactiva polo proxecto 'Area fai seis'. A obra, escrita por Araceli Gonda e ilustrada […]
Velaí vén o maio

Chámase Manoliño. A fotografía chéganos da outra beira do Atlántico, dende a Galicia arxentina: neto ou bisneto de galegos emigrantes que continúan a memoria da lingua e manteñen viva a cultura dos devanceiros. E velaí o maio, "de flores cubierto", como cantaba Curros. Nas terras do hemisferio sur o mes significa a entrada no outono […]
Emoción e homenaxe na despedida a don Xaime

Familiares, amigos e persoeiros da cultura e da política de Galicia deron onte o derradeiro adeus a Xaime Isla Couto, galeguista, avogado, economista e sobre todo, un gran creador de ideas, acompañándoo ata a súa derradeira morada, no cemiterio vigués de Pereiró. A familia enteira da Editorial Galaxia, así como numerosos persoeiros da cultura e […]
Begoña Caamaño presenta MORGANA EN ESMELLE

Este sábado inaugúrase en Compostela a Feira do Libro. E un dos actos grandes vai ser a presentación da nova novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en esmelle'. Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC, e a autora. Haberá unha actuación musical de Uxía, Guadi Galego […]
Xaime Isla Couto será despedido hoxe en Vigo

Hoxe xoves, ás 17 horas, no Cemiterio de Pereiró de Vigo, será soterrado o galeguista, home bo e xeneroso, Xaime Isla Couto, cofundador e Presidente de Honra de Editorial Galaxia, Presidente de Honra da Fundación Isla Couto e Director de Honra da Revista GRIAL. Posteriormente, ás 20 horas, celebrarase un funeral na Colexiata de Santa […]
"Dúas letras" triunfa no festival 'Primavera do Cine'

Aínda recente a ledicia polos moitos recoñecementos obtidos pola fita 'Dúas letras' no Festival de Cine de Cans, esta fin de semana, no 'Primavera de Cine' de Vigo, a película, que xa temos no prelo e que sairá co relato íntegro de Fina Casalderrey, conseguiu dous novos galardóns, o de mellor Corto de Ficción e, […]
Xavier Alcalá publica 'Verde Oliva'

Estes días estamos a rematar o proceso de produción da nova novela de Xavier Alcalá, 'Verde Oliva', un relato real arredor dunha axente do movemento 26-J. O autor constrúe o seu relato arredor de Mariana, personaxe baseada na vida de Juana Maseda Sanmartín, muller que viviu a revolución da illa caribeña dende o interior como […]