Chámase Manoliño. A fotografía chéganos da outra beira do Atlántico, dende a Galicia arxentina: neto ou bisneto de galegos emigrantes que continúan a memoria da lingua e manteñen viva a cultura dos devanceiros. E velaí o maio, "de flores cubierto", como cantaba Curros. Nas terras do hemisferio sur o mes significa a entrada no outono e o anuncio do inverno. Pero os ollos de Manoliño, despregando o noso libro acordeón (a colección "Pinpín por aquí non vin", pensada para os máis pequenos), veñen cheos de primavera… Bicos de punta a punta do mundo!