Concerto de MARÍA FUMAÇA en Pontevedra

Segue a xira da locomotora María Fumaça por toda Galicia. Este sábado, o tren máis festivo que nunca houbo nin haberá, ten parada en Pontevedra para argallar un espectáculo musical arredor dun proxecto que nace dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. randes artistas da […]
Mañá fállase o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Mañá reúnese en Compostela o xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012, formado por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros, Encarna Otero, Carme Vidal e Carlos Lema, como secretario con voz e voto. Optan ao premio, gañado na anterior edición por Teresa Moure con Queer-emos un mundo novo, sete orixinais; o gañador será publicado por […]
200 anos de contos

Hai douscentos anos, tal día coma hoxe, aparecía a primeira compilación de contos escritos polos Irmán Grimm. Dende aquela, a súa obra foi traducida a 170 idiomas, entre outros, por suposto, ao galego. Na nosa editorial temos cinco títulos no catálogo, 'Os catro amigos', 'Branca de Neve e os sete ananos', 'Os sete cabuxos', 'Os […]
Novo encontro en Pontevedra arredor das memorias de Pérez Touruiño

En menos dun mes sairá do prelo a segunda edición de "O futuro é posible", libro de reflexión e memorias no que o expresidente da Xunta de Galicia, o socialista Emilio Pérez Touriño, repasa a súa experiencia á fronte do goberno de coalición (PSdeG-BNG, 2005-2009) e mesmo as últimas décadas de socialismo galego, dende que […]
Cociña en directo de Benigno Campos na Coruña

O cociñeiro Benigno Campos, presentador do popular "Larpeiros" da Televisión de Galicia ofrecerá unha sesión de Cociña en directo este xoves ás 19 horas na Cociña de El Corte Inglés da Coruña. O cociñeiro anda estes días promocionando o seu novo receitario, "Volve a cociña de Larpeiros", publicado como os anteriores libros por Galaxia, e […]
Editorial Galaxia participa na segunda edición de INSPIRACIENCIA

Por segundo ano consecutivo, Editorial Galaxia participa na organización e desenvolvemento de INSPIRACIENCIA, un concurso de relatos de inspiración científica que é, ao tempo, unha invitación a todos a pensar e imaxinar a ciencia, a través da escritura. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal que estea inspirado nunha temática científica, sexa cal […]
Publicamos o segundo tomo da Antoloxía da Literatura Galega

Jonathan Dunne é o responsable deste segundo tomo que, baixo do selo conxunto de Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, e a Xunta de Galicia se centra nos anos que van de 1981 ao pasado 2011. Na maior parte dos casos os autores recollidos seleccionaron eles mesmos os seus textos. O volume, de 400 […]
Entrega do Premio García Barros

O Teatro Principal da Estrada acolleu a entrega do XXIV Premio de Novela Manuel García Barros, que nesta ocasión recaeu no escritor vigués Santiago Lopo pola súa obra titulada Hora zulú. O acto estivo presidido polo alcalde estradense, José López Campos; o delegado territorial da Consellería de Educación e Cultura na provincia de Pontevedra, César […]