Segue a xira da locomotora María Fumaça por toda Galicia. Este sábado, o tren máis festivo que nunca houbo nin haberá, ten parada en Pontevedra para argallar un espectáculo musical arredor dun proxecto que nace dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos.
randes artistas da música galega subiranse ao escenario para cantar máis de vinte temas para celebrar a alegría de vivir. Entre eles, Blanqui Francés; Uxía,"a marabillosa banda do cuartel " (Paqui, Fon, Varo e Olih), Manuel Sío, Chus e Rui.
Xuntos argallan un espectáculo divertidísimo no que a música, a luz e as situacións cómicas teñen un gran protagonismo e nos que o público, cantando e bailando con sinxelas coreografías e tonadas, participará moi activamente.